Durante este mes estivemos coñecendo a obra da artista e escritora Xaponesa Yavoy Kusama precursora dos movementos do arte po e o minimalismo. A maior parte da súa obra ten orixe nas alucinación que tivo cando era nena onde se lle aparecían miles de puntos que se multiplicaban dominando o seu universo.
Comezamos coa visualización dun video sobre a vida da autora así como a presentación de diferentes obras.
Partindo do elemento do círculo como figura xeométrica traballamos esta forma, fixemos clasificacións por tamaños, por cores, seracións..
A modo individual cada neno construiu libremente a súa obra, empregando círculos de diferentes cores e tamaños.
Para rematar fixemos un mural colaborativo entre todos.
Aquí tedes o resultado das obras destes pequenos artistas
Esta semana fixemos unha instalación con caixas de cartón onde éstas se convertiron en coches, tobogáns, pizarras, sombreiros, partes de robots,torres..
Esta semana no noso taller de arte cambiamos os pinceis tradicionais e empregamos globos inflados de diferentes tamaños. De este xeito potenciamos a imaxinación e fantasía creando libremente as súas composicións.
Este luns tivemos un obradoiro de igualdade de Xénero promocionado polo Concello. Con el quérese transmitir que todos somos iguais, que non hai nin xogos e cores de nenas ou de nenas,que todos podemos facer as mesmas cousas. Valores que debemos transmitir dende pequenos.
O pasado xoves tivemos de vusita na nosa aula a escrirora,acriz e contadora de historias Soledad Felloza. Trouxonos un montón de contos e historias cos que disfrutamos moito.