Skip to Content

Coñecendo a Yavoy Kusama

Durante este mes estivemos coñecendo a obra da artista e escritora Xaponesa Yavoy Kusama precursora dos movementos do arte po e o minimalismo. A maior parte da súa obra ten orixe nas alucinación que tivo cando era nena onde se lle aparecían miles de puntos que se multiplicaban dominando o seu universo.

Comezamos coa visualización dun video sobre a vida da autora así como a presentación de diferentes obras.

Partindo do elemento do círculo como figura xeométrica traballamos esta forma, fixemos clasificacións por tamaños, por cores, seracións..

A modo individual cada neno construiu libremente a súa obra, empregando círculos de diferentes cores e tamaños.

Para rematar fixemos un mural colaborativo entre todos.

Aquí tedes o resultado das obras destes pequenos artistas

 



blog | by Dr. Radut