Skip to Content

O Marco

Creamos con barro e elementos do Outono

Desois da saída que fixemos a nosa contorna e co que trouxemos da casa poidemos crear con barro e elementos de Outono.

Saída a contorna

A primeira saída que fixemos na aula á contorna, realmente fermosa. De volta a escola collimos moitos "tesouros da natureza" cos cales faremos varias propostas.

Tamén deixamos en liberdade tres gusaniños de castañas que tiñamos na aula.

E camiñamos case 5 km!

Ioga na aula

Nestas dúas sesións coñecemos diferentes asanas coas cartas e dados, técnicas de respiración e disfrutamos dun momento consciente pintando tods xuntos o atrapasoños en grupo.

Hai de moitos momentos na sesión que non temos fotos porque os adultos precisamos sentir e estar igual ca eles para que sexa unha actividade productiva. Pero o momento da respiración coa bola máxica é incrible a quietude, consciencia e tranquilade que conseguen ter.

Por que practicar ioga na aula?

O ioga e o mindfulness son prácticas centradas en mellorar a saúde da persoa na súa totalidade.

 

Como o facemos?

Coñecendo as "asanas" (posturas) que axudan a coñecer o corpo, consolidar o esuqema corporal, desenvolver a lateralidade e perfeccionar a psicomotricidade fina e grosa.

Practicando os "pranayamas" ou técnicas de respiración que axudan a canalizar as emocións e fortalecer os pulmóns. 

A través do "mindfulness" e “estar presente” ou “ser consciente” ao desenvolver unha actividade. A atención consciente favorece que sexamos máis pacientes e libéranos do impulso de reaccionar.

Na nosa sociedade actual é rica en estímulos, saturada de información e de un ritmo frenético, o cal dispersa a atención do alumnado en diferentes direccións. Por isto, é moi importante poder pararse e respirar cun mesmo e xa dende idades moi temperás.

"Cuando me siento pequeña en un mundo muy grande, aquieto mi mente, mi cuerpo, mi respiración. Ahora puedo crear e imaginar. Yo soy Yoga"

Instalación de Xogo Samaín

“Un buen juguete es aquel que, sin ser nada en concreto, puede ser muchas cosas” Tonucci

Transformar o espazo para provocar no neno/a unha emoción, un pracer, un coñecemento ou unha aprendizaxe a través do orden e cunha actitude lúdica. Dende unha proposta estética concreta creamos un verdadeiro ecosistema lúdico, para provocar a súa deconstrución, transformación e nova construción. Javier Abad as define como espazos concebidos a partir do encontro entre unha proposta estética de arte contemporáneo e unha fundamentación pedagóxica inspirada na práctica psicomotriz Acouturier. Este "diálogo" posibilita e favorece o xogo presimbólico e simbólico nun contexto relacional.

Samaín

Propostas de Outono en Outubro

 

Coa chegada do Outono e a gran colaboración das familias, na aula do Marco estamos vivenciando, manipulando e creando con tódolos elementos posibles que a natureza aporta nesta estación do ano.

En novembro seguimos con moitas máis.

Cocorico

O conto de Cocorico causou un gran éxito entre as nenas e nenos na escola. Aínda hoxe o gato pelado e o biscoito de Cocorico son conversas moi comúns no día a día da escola.

Neste vídeo amósase algunhas das actividades feita tendo en conta como centro de interese a Cocorico.

Distribuir contido


by Dr. Radut