E chegamos ao terceiro trimestre e ao final de curso. Un ano intenso, distinto e con moitas experiencias que contar. Neste documento recóllense algunhas das moitas actividades realizadas na aula a modo de resumo coa intención de valorizar o traballo polas capacidades, intelixencias e fortalezas do alumnado.
Damos por finalizado o segundo trimestre para comezar con moitas ganas os últimos meses de escola.
Neste Documento adxunto pódese ver un resumo das actividades feitas en canto o día a día na Aula do Marco, propostas de distintas áreas de aprendizaxe e días especiais, entre outras.
Esperamos que vos guste e o disfrutedes moito, familias.