Rabuñoso saúda por vide-conferencia aos nenos e nenas á súa chegada a Porta Pisón. Video resumo do que deu de si o Proxecto Ríos no cal compartimos unha grandísima experiencia co CIFP Portovello de Ourense, o CPI Mosteiro Meis, as familias do CRA e, que ademais, tivo o seu gran remate final coa inauguración da Escola do Río, grazas á colaboración coa Comunidade de Montes de San Tomé de Nogueira e o Concello de Meis.
O 15 de maio, víspera das Letras Galegas, e Día Mundial das Familias, celebramos tamén o Día do Xogo Tradicional na praza do concello para, en familia, revivir algúns xogos polos que non pasa o tempo cando falamos de diversión!
Achegámonos ás ideas previas que teñen sobre a radio a través dun concurso, onde só deben empregar o oído... Serán capaces de identificar que é un programa de radio?
Aquí podedes ver un dos programas de CRA TV: VAS CAER!