Skip to Content

Radio na biblio

RR#3 De conto con... A Bruxa Regañadentes

A nosa queridísima Bruxa Regañadentes pasou por Rabu Radio! Que aínda non escoitastes a entrevista? Pois "pasade, pasade! Non teñades medo."
 

De conto con... O Papón

Seguimos a falar de emocións no MARCO con Adam, Mateo e coa intervención sorpresa dunha personaxe un tanto controvertida.

Queredes saber de que vai o conto? Pois escoitade este novo podcast de RABU RADIO! 

https://go.ivoox.com/rf/69998094

 

RR#1 - EMOCIÓNS

VOLVE RABU RADIO NUN NOVO FORMATO ITINERANTE! NESTE PRIMEIRO PROGRAMA, DENDE A ESCOLA DO MARCO, DENIS, MÍA E MAYA FÁLANNOS DE EMOCIÓNS.
 
 

 

CONTACONTOS CON SOLE FELLOZA

Esta semana tivemos a Sole Felloza no cole. É unha contacontos fabulosa. Esta actividade realizouse como parte do programa "Radio na biblio" no que participamos dende hai uns anos a través da biblioteca escolar. Estaba prevista para marzo, pero por mor da suspensión das clases adiouse ata agora. Íase facer na radio co alumnado de Xuntanzas, pero houbo que adaptalo en función das novas circunstancias. Así, Sole percorreu todas as aulas do CRA, e contounos unhas historias estupendas! Contos de intriga, de amor, de cantar e contar, de medo que dá risa... Contos que nos ensinan que as cousas non sempre son como aparentan, que non debemos prexulgar sen coñecer, que xuntos somos máis fortes, e que temos que medrar sen esquecer as cousas importantes que aprendemos sendo nenos e nenas. Grazas Sole!

 

ESPECIAL RABU RADIO

Volve Rabu Radio con un programa especial para aceptar o reto que nos enviaba Rabuñoso onte.

E vós, unídesvos ao reto? 

 

O RETO DE RABUÑOSO:

 

Quen é esta muller? A personaxe misteriosa de Rabu radio

 

 

Celebramos o Día mundial da radio con moito misterio, quen será esta muller que nos visita hoxe?
 
Graciñas Susana por pasar este bo rato con nós e ensinarnos tantas cousas!

Entrevista a Sara Cortegoso

Os Xogos olímpicos de Tokio en Rabu radio

 

Distribuir contido


by Dr. Radut