Skip to Content

Radio na biblio

RR#10 - Debullando Migallas

Ero, Labit, Martina e Omar debullan conto a conto, cantiga a cantiga e adiviña a adiviña a actuación de Migallas nas nosas aulas!

https://go.ivoox.com/rf/70939340

RR#9 - UNS AMIGOS MOI PECULIARES

Capitán Calabrote, Naturizo ou Rabuñoso son algunhas das estrañas amizades das nenas e nenos desta escola. Escoitade a Liam e Mariña contarnos a aventuras e desventuras destas fabulosas personaxes.

https://go.ivoox.com/rf/70901137

RR#8 - A HORTA DE SAN MARTIÑO

Aarón, Brais e Pedro cóntannos os segredos para ter unha boa horta chea de leitugas, tomates, repolos ou ósos de dinosauro!

https://go.ivoox.com/rf/70900263

RR#7 - Vaia Fauna: Animais fantásticos e onde atopalos!

Enol e Xavi emiten dende a escola de San Tomé para falarnos de animais fantásticos da nosa fauna, amais de darnos uns consellos a mar de interesantes para conservar a nosa flora e flauna!

https://go.ivoox.com/rf/70899138

 

 

RR#6 - VAIA FAUNA: A GALIÑA

A seguidade nos galiñeiros é moi importante, senón que lle lo conten os nosos expertos en ciberseguridade de curral Adam, Adrian e Marco:

https://go.ivoox.com/rf/70666521

RR#5 VAIA FAUNA 2: ENTREVISTAMOS A RABUÑOSO

Rabu Radio viaxa a escola de San Tomé para facer un novo programa sobre a fauna autóctona. E quen pode ser máis autóctono que o noso querido gato bibliotecario? 
Leire, Noa e Noel poñerán en máis de un apreto a Rabuñoso coas súas preguntas. Queredes saber máis cousas sobre este peculiar gato? pois dádelle ao play!!

https://go.ivoox.com/rf/70581021

RR#4 - Vaia fauna! (Volume 1)

Rabu Radio chega á escola de San vicente para facer un programa do máis salvaxe! Escoitade que fauna temos nas nosas fragas nas voces de Asier, Carlota e Hugo!

https://go.ivoox.com/rf/70577069

RR#3 De conto con... A Bruxa Regañadentes

A nosa queridísima Bruxa Regañadentes pasou por Rabu Radio! Que aínda non escoitastes a entrevista? Pois "pasade, pasade! Non teñades medo."
 
Distribuir contido


by Dr. Radut