Skip to Content

blogue deadmin

MÓVETE MEIS

“Móvete+” é unha nova actividade do programa Xogade dirixida a tódolos escolares de Galicia. Trátase de promover a actividade física a través dunha acción de carácter lúdico, transversal, divertida e ao mesmo tempo sumar mais cantidade de exercicio físico para achegarnos ao que recomenda a Organización Mundial da Saúde.

Baseado nunha composición musical e coreográfica orixinal, “Móvete+” é o novo himno do Plan Galicia Saudable  (http://galiciasaudable.xunta.es) que ten como obxectivo difundir entre a comunidade e educativa e, por extensión, á sociedade
galega, os principais valores do Plan Galicia Saudable.

A acción desenvolverase nos tempos de lecer dos escolares, como recreos ou outros como o programa “madrugadores”, antes ou despois do comedor, ou a espera de outras actividades extracurriculares.

A actividade conta cun material didáctico e está estruturada para que o profesorado poida integrala nas clases das materias que estimen oportunas.

 

Máis información

Material didáctico:

Audio

Coreografía

NÓS TAMÉN CREAMOS

VISITA DE PAPÁ NOEL

Poema "O MAR"

O ENDL, e a súa coordinadora, están moi orgullosos de mostrarvos o traballo dos nosos nenos e nenas a partir do poema "O mar" do libro "O meu gato é un poeta" de Fran Alonso. Esperamos que vos guste:

CADA NENO/A É UN MUNDO

ELIMINEMOS AS ETIQUETAS INFANTÍS:

PREME NA IMAXE PARA LER O ARTIGO

Localización

O CRA de Meis está situado no Concello de Meis e fórmano 6 escolas: Paradela, San Lourenzo (onde se atopa a sede do CRA), San Vicente, San Martiño, O Marco e San Tomé (que alberga tamén a biblioteca)

PREMIADOS NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE OUFF ESCOLA

O alumnado do CRA de Meis, ven de acadar un novo éxito; neste caso un premio pola súa curta "A vella na botella", concretamente o premio Blanco Amor ao mellor guión.

Moitos parabéns!!!

Este luns, o alumnado de 5 anos do CRA trasladouse a Ourense para acudir a gala de entrega de premios do XX Festival de Cine Internacional de Ourense. Alí os medios de comunicación fixéronse eco desta gran nova:

Páxina da Consellería: http://www.edu.xunta.es/portal/node/17635

Faro de Vigo: http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2015/11/17/festival-cine-premia-cantera/1352042.html

Diario de Arousa: http://www.diariodearousa.com/articulo/o-salnes/festival-cine-ourense-premia-ninos-illa-y-meis/20151116231433128984.html

La Voz de Galicia:  http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/meis/2015/11/17/festival-cine-ourense-premia-cortos-illa-meis/0003_201511A17C4994.htm

Video de La Región: http://www.laregion.es/video/programa-abalar/entrega-premios-ouff-escola-2015/20151116221434582135.html

 

APRENDEMOS SOBRE O MAR...

A través deste Lim podemos coñecer variedade de animais mariños; pincha na imaxe:

Distribuir contido


by Dr. Radut