Skip to Content

Secretaría, Documentos de centro, Banco de Libros

MATERIAL ESCOLAR PRIMARIA CURSO 24-25

05/09/2024 09:30
Europe/Madrid

Nos documentos adxuntos podedes acceder ás listaxes de material escolar solicitados polas persoas titoras para os diferentes cursos de Educación Primaria. 

 

Publicación de listaxes definitivas de Fondo Libros 24-25 e emisión de vales para libros e material escolar

12/07/2024 11:37
Europe/Madrid

Hoxe publícase a listaxe definitiva de alumnado beneficiario do préstamo de libros de texto de Fondo Libros (3.º e 4.º de Primaria), que pode consultarse no taboleiro do centro e máis na aplicación da Consellaría. Nelas pódese ver tanto o número como as materias dos exemplares asignados.

Por outro lado, a partir do luns 15 poden recollerse na administración do centro os vales para material escolar e mais para libros de texto (1.º e 2.º de Primaria e alumnado con NEE).

Publicación de listaxes provisionais de Fondo Libros e vales

05/07/2024 10:06
Europe/Madrid

Hoxe publícase a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas da participación do fondo solidario de libros de texto, que no noso centro só afecta a 3.º e 4.º de Primaria.

Todas as solicitudes foron admitidas, aínda que algún solicitante recibe 0 libros. Podedes consultar a listaxe a través da aplicación Fondo Libros, ou no taboleiro do centro.

O prazo de reclamacións é de 2 días hábiles, é dicir, os días 8 e 9 de xullo. A listaxe definitiva publicarase o día 12 de xullo.

 

Tamén se publica no taboleiro a relación de solicitudes de axudas de material escolar, con indicación das deficiencias detectada sou documentación de que carezan, para que as persoas solicitantes no prazo de dez (10) días hábiles emenden as deficiencias ou remitan os documentos preceptivos.

Os vales poderanse recoller a partir do día 15 de xullo.

Matrícula curso 2024-25

12/06/2024 17:23
Europe/Madrid

Debe formalizar matrícula:

  • Alumnado que se escolariza por primeira vez (4.º Infantil)
  • Alumnado de Infantil e Primaria procedente doutro centro.
  • Todo o alumnado de ESO

PRAZOS:

  • Ed. Infantil e Primaria: do 20 ao 30 de xuño
  • ESO: do 23 de xuño ao 7 de xullo

Documentación:

Sobre de matrícula, que o alumnado novo pode recoller na administración do centro a partir do día 18 de xuño, e que o alumnado do centro recibirá en man nos últimos días de clase.

 

 

Libros de texto curso 2024-25

12/06/2024 17:18
Europe/Madrid

Publícanse as listas de libros de texto para o vindeiro curso, que poden consultarse no taboleiro do centro e nos arquivos anexos.

Para Ed. Infantil non se estableceu material didáctico impreso. Tampouco para 5.º e 6.º de Primaria, cursos que participan no programa E-Dixgal.

Atención! Recoméndase esperar a setembro ou falar co profesorado antes de comprar os libros, para confirmar se se van utilizar ou non.

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar 2024-25

21/05/2024
Europe/Madrid

Onte publicouse no DOG a ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25.

O prazo para presentar solicitudes comeza hoxe día 21 de maio e rematará o día 21 de xuño de 2024 (incluído).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia.

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes (recoméndase traer cubertos anexo I e o anexo II da orde de convocatoria), ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos para o procedemento administrativo común.

Os prazos establecidos polo centro para o procedemento (publicación de listaxes, reclamacións etc.) poden verse no arquivo anexo.

Dado que o centro participa no programa E-Dixgal en 5.º e 6.º de Primaria e todos os cursos de ESO, as modalidades de participación a que pode ter dereito o noso alumnado son as seguintes:

a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3.º e 4.º de Primaria.

b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1.º e 2.º de Primaria, ou ben alumnado doutros cursos cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % (disposición adicional primeira) ou necesidades específicas de apoio educativo (disposición adicional segunda), a xuízo do centro docente.

c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Primaria e ESO.

CALENDARIO DE PROBAS DE RECUPERACIÓN DE MATERIAS PENDENTES ESO

02/05/2024 14:50
Europe/Madrid

Admisión 2024-25: Publicación de listaxes

02/04/2024 13:48
Europe/Madrid

Infórmase da publicación no taboleiro do centro das listaxes de admisión para o curso 2024-25, con data de hoxe. Pódense formular reclamacións no prazo de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

TODAS AS SOLICITUDES PRESENTADAS FORON ADMITIDAS.

Lémbrase que o alumnado admitido deberá formalizar a matrícula no prazo que lle corresponda:

a) Para o alumnado de Infantil e Primaria: do 20 ao 30 de xuño.

b) Para o alumnado de ESO: do 23 de xuño ao 7 de xullo.

Programacións Didácticas 6.º EP curso 2023-24

21/03/2024 16:57
Europe/Madrid

Programacións Didácticas 5.º EP curso 2023-24

21/03/2024 16:55
Europe/Madrid
Distribuir contido


by Dr. Radut