Skip to Content

APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NA ATENCIÓN DO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 24-25

Dende hoxe ata o 8 de setembro permanecerá aberto o prazo de admisión de solicitudes dos membros da comunidade educativa para actuar como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2024/2025. 

Poderán desenvolver esta tarefa: 

  • nais, pais, titores legais ou acolledores familiares de alumnos/as que estean cursando no curso 2024-2025 estudos no centro docente respectivo. Estas persoas non poderán desempeñar as funcións de colaboración no comedor durante dous cursos escolares consecutivos.

 Ou, con carácter excepcional, por non existir persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia, nin colaboradores directos dispoñibles previstos ordinariamente en número

suficiente:

  • outros familiares dos alumnos comensais,  ex-colaboradores deste servizo,  persoal relacionado coa comunidade educativa (conserxes, persoal limpeza), así  como  persoal que participe en programas de voluntariado social (Concellos, ONGs).

 As persoas interesadas en colaborar co comedor escolar deberán presentar a súa solicitude na administración do centro ou enviala por correo-e a cpi.san.vicente@edu.xunta.gal antes do 8 de setembro de 2024.

 As listas provisionais de seleccionados pecharanse no momento no que se cubra o número de colaboradores necesarios e o Consello Escolar aprobe a súa idoneidade.

 O importe do complemento por servizos extraordinarios que percibirá o persoal docente e non docente do centro ou da compensación económica polos gastos de dedicación e desprazamentos xerados pola colaboración no comedor que percibirán os membros da comunidade escolar (nais, pais titores legais ou acolledores familiares do alumnado), será  de 12,50 € por día de asistencia efectiva ao comedor, con independencia do número de quendas de comedor existentes.

 Para máis información sobre as instrucións relativas ao comedor escolar no curso 2024-2025, pódense consultar as Instrucións de comedores de Xestión Directa para o curso 2024-2025, no documento adxunto. 




Autodeclaración comedor escolar curso 2023-2024

Xa está a disposición das familias o impreso de autodeclaración para o comedor escolar. 

Nos arquivos adxuntos tedes as instrucións de comedor para o curso 23-24, o modelo a cubrir e as aclaracións para o cálculo da renda anual familiar. 

Pregamos que as familias entreguen o impreso no centro, de xeito presencial ou a través de correo electrónico (cpi.san.vicente@edu.xunta.gal) antes do 31 de xullo, para a adxudicación de prazas e a organización do comedor. 

 




Manuel Landeira, in memoriam

Manuel Landeira 

Vimos de ter coñecemento do pasamento do mestre e compañeiro Manuel Landeira, e dende o colexio no que tan duro traballou coma docente e director, queremos rendirlle unha sinxela e sentida homenaxe.

Landeira, tal e como o coñeceron alumnado e familias, veu traballar á Baña como mestre da escola unitaria de Lañas, na cal se ocupaba dos nenos, nun tempo en que o alumnado estaba segregado por sexos. 

Cando se produciu en 1976 o agrupamento escolar de todo o alumnado disperso polas diferentes unitarias das 15 parroquias do noso concello no novo colexio de San Vicente, Landeira incorporouse ao mesmo xunto con moitas e moitos outros mestres, que estrearon edificio escolar e tamén a ilusión dun novo proxecto educativo que liderou coma director ata 1988, ano en que decidiu continuar a súa labor docente noutro destino.

Moitas son as veciñas e veciños, agora pais e nais do noso alumnado, que recordan con admiración e cariño a Landeira, como o recordamos tamén as docentes e agora xa ex-alumnos e alumnas do CPI que participamos na creación da película documental Facendo Escola, un percorrido pola historia da educación no noso concello, no cal colaborou xenerosamente Manuel Landeira, contándonos as súas experiencias coma mestre, tanto na unitaria de Lañas coma no colexio integrado de San Vicente, dos cales gardaba un fermoso e grato recordo. 

Pensamos que non hai mellor homenaxe que recordar as súas palabras no noso documental e con el expresar o noso cariño e acompañamento aos seus familiares e amizades neste día de despedida. 

 




Aí ven o maio, de flores cuberto

Co gallo do Día das Letras Galegas o alumnado do cole participou nesta semana na elaboración duns fermosos maios que adornan o noso patio:

E recibiu a visita do Grupo de baile e música tradicional Brincadeira, grazas á colaboración da AFA Avania, desfrutando de velos cantar, tocar e bailar e tamén bailando todas e todos xuntos ao ritmo das súas melodías tradicionáis. 




Visita da escritora Ana Meilán

Co gallo do Día do Libro, a escritora de literatura infantil Ana Meilán visitou a nosa biblioteca escolar e partillou co alumnado de Infantil e Primaria sobre os seus fermosos relatos. 




O cociñeiro André Arzúa visita o noso horto ecolóxico

O venres 21 de abril tivemos unha fermosa visita no noso horto escolar, o cociñeiro André Arzúa veu visitarnos e coñecer o noso traballo no horto escolar. 

Alí colaborou con nós na plantación de cabaciñas, chícharos e outros productos en compañía de Carmen Freire e dos nosos fantásticos compañeiros de faena, os usuarios da Fundación para a protección dos Discapacitados Psíquicos da Barcala e do Fogar Residencia e centro de día de Ceilán. Unha fermosa comunidade arredor dun proxecto de consumo sostible no cal participa tamén a AFA Avania.

Ademáis, recibimos unha visita moi especial, o reporteiro da Radio Galega Quique Magdalena, quen partillou cos pequenos e pequenas agricultures, coa profe Iria e con André para o programa Galicia por Diante

E continuando coa experiencia radiofónica, André tivo tempo tamén para visitar o cole e responder ás preguntas do alumnado de 4º de Primaria nunha interesante entrevista que podedes escoitar na nosa canle de podcast, O son da Baña:   

 


 




CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES DE APOIO EDUCATIVO

Convocatoria de bolsas NEAE do Ministerio de Educación para o curso 2023-2024.

O prazo para a solicitude das mesmas será do 8 de maio ao 20 de setembro de 2023. 

No documento adxunto pódese consultar o texto da convocatoria.

Recomendamos ás familias interesadas en solicitar estas axudas que inicien os trámites antes de rematar o actual curso escolar para ter tempo de conseguir toda a documentación necesaria dentro do prazo. 

Neste enlace podedes coñecer con detalle as instrucións para a solicitude.

Para calquera aclaración ou dúbida, pódese solicitar cita co Orientador do centro chamando ao 881867003. 


Ficheiros adxuntos:


CALENDARIO PROBAS RECUPERACIÓN MATERIAS PENDENTES

Calendario de probas de recuperación de materias pendentes en ESO. 

 

 




Distribuir contido


by Dr. Radut