Skip to Content

O CPI San Vicente de A Baña acada tres pódiums por equipos na fase inter-comarcal de carreiras campo a través

Os equipos infantil feminino, cadete feminino e cadete masculino do CPI San Vicente subiron ao pódium na competición intercomarcal de carreiras campo a través celebrada na Pobra de Caramiñal o venres 25 de xaneiro. Os resultados dos equipos ordéanse computando os resultados dos catro mellores componentes do equipo.

O equipo cadete feminino composto por Olalla Míguez, Noelia Suárez, María Negreira, Viviana Pensado, Tania Paredes e Elvira Bahamonde, acadou a segunda posición e con elo a clasificación para disputar a fase provincial o domingo 10 de febreiro en Santiago.

Os equipos infantil feminino (Adriana Rey, Laura Pose, Daniela Nieto, Delia Valledor, Celena Santana, Sheila Cobas e Lidia Paramos) e cadete masculino (Denis Blanco, Julio Blanco, Diego Paredes, Sergio Paredes, Alfonso Golán e Rubén Novío) lograron a terceira plaza e tamén acceden á fase provincial.

Tamén participou o equipo infantil masculino (Alberto Antelo, Kevin Agra, David Romero, Noel Cives, Omar Hlalak e Diego Gil), logrando a quinta plaza.

En categoría individual hai que destacar a Alberto Antelo, Adriana Rey, Laura Pose, Daniela Nieto, Denis Blanco, Olalla Míguez e Noelia Suárez que entraron entre os dez primeiros ou moi próximos.

Ver fotos



page | by Dr. Radut