Skip to Content

Gran participación dos alumnos do colexio nas carreiras de campo a través en Barouta

Moi boa participación dos 45 alumnos do colexio que disputaron as carreiras de campo a través clasificatorias para a fase comarcal nas categorías alevín, infantil e cadete.

Os mellores resultados acadáronos Denis Blanco que gañou a súa carreira na categoría cadete masculino, Olalla Míguez, segunda na categoría cadete feminino e Laura Pose, terceira en infantil feminino.

Outros resultados destacados foron o 4º posto de Adriana Rey en infantil feminino e de Noelia Suárez en cadete feminino, o 5º posto de Kevin Agra en infantil masculino e Elvira Bahamonde en cadete feminino, o 7º posto de María Negreira en cadete feminino e Sergio Paredes en cadete masculino, o 8º posto de Alfonso Golán en cadete masculino, o 9º posto de Delia Valledor en alevín feminino e o 10º posto de Alberto Antelo en infantil masculino.

Ver fotos

Participantes do CPI San Vicente


page | by Dr. Radut