Skip to Content

Blogues

EXAMES DE SETEMBRO

No arquivo adxunto, en formato pdf, tedes o calendario das probas extraordinarias de setembro da ESO.

COMEDOR ESCOLAR: ENTREGA IMPRESOS DE AUTODECLARACIÓN E APERTURA PRAZO COLABORADOR@S PARA O VINDEIRO CURSO

Seguindo instruccións da Consellería de Educación, os adultos que exerzan a patria potestade, a tutela ou o acollemento familiar dos alumnos autodeclararán as circunstancias de carácter persoal e de renda neta per cápita familiar correspondente ao exercicio fiscal 2014, anterior ao ano actual, e, conseguintemente, determinarán a contía do prezo público que lles corresponde abonar, de acordo cos tramos que aparecen no documento.

O documento de autodeclaración deberán entregalo cuberto en todos os seus apartados e debidamente asinado na secretaría do centro:

SECUNDARIA : NO MOMENTO DE FORMALIZAR A MATRÍCULA.

INFANTIL E PRIMARIA: DO 6 Ó 10 DE XULLO

O documento será enviado ás familias a vindeira semana.

ANUNCIÁMOSLLES tamén a apertura do prazo para COLABORADORES de comedor para o vindeiro curso. (VER ARQUIVO ADXUNTO)

CAMBIO DE XORNADA O VINDEIRO LUNS

O vindeiro luns 1 de xuño cambiamos á xornada reducida co cal NON HABERÁ CLASES pola tarde. 

PRESENTACIÓN DA CARREIRA POPULAR CONCELLO DE SAN SADURNIÑO

Na seguinte  ligazón tedes toda a información da presentación da II Carreira Popular Concello de San Sadurniño

 http://www.sansadurnino.es/SanSadurnino/novidades/datosNovidadeHistorico.jsp?tipoBusc=&concelleriaBusc=&idAxenda=&idAviso=&idNovidade=1156

BROCHETAS DE FROITA

Nesta semana temos, de novo, reparto de froita de balde no tempo de lecer.

Para facer a froita máis apetecible, o alumnado e profesorado de secundaria elaborou unhas sabrosas brochetas de froitas. Mañá tócalle o turno a primaria e o mércores a educación infantil.

A iniciativa foi todo un éxito. Eiquí vos deixo unhas fotos.

Imaxe de depmat

NOITE DE OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA

A noite do 22 de maio organizamos unha observación astronómica á que estaban invitados todos os alumnos do centro. A convocatoria resultou un éxito especialmente entre os máis pequenos.

Paulino Gasalla, membro da Sociedade Galega de Historia Natural e divulgador de temas de Astronomía, sumerxiunos nunha viaxe polo espacio.

Paulino Gasalla e unha viaxe espacial

Ás 22:30 saímos ao patio do centro a esperar que o crepúsculo fora tornandose noite e nos permitira disfrutar dunha perfecta noite estrelada. Puidemos observar primeiro a simple vista e despois co telescopio do centro Venus, A Lúa, Xúpiter e Saturno. Tamén aprendimos a recoñecer moitas estrelas: Capella, Cástor e Póllux, Regulus, Spica, Arturus e Vega. Desfrutamos das constelacións zodiacais Xéminis e Virgo, da constelación do León e doutras máis comúns como a Osa Maior e Casiopea.

Ler máis.

Alumnos e pais na charla

Paulino Gasalla co telescopio

Alumnos de 3ºESO observando o ceo

ENTRENAMOS PARA A CARREIRA

Os domingos, arredor das 12:00, no paseo do rio na zoa do mesón A Granxa quedamos para entrenar para a carreira.

Contamos para elo co asesoramento profesional do "coach" de recoñocido prestixio LG Miraz que deseña entrenamentos a medida de cada participante. Pilar Charlón colabora como "coach assistant".

 Animádevos a participar¡¡¡

A ALUMNA VANESSA CAAVEIRO FINALISTA DOS PREMIOS Ó EMPRENDEMENTO DE AJE FERROLTERRA

A alumna de 3º da ESO, Vanessa Caaveiro, foi finalista dos premios AJE Ferrolterra ó emprendemento. Entre máis de 100 participantes o proxecto de Vanessa estivo entre os 3 mellor valorados polo xurado. 

O seu proxecto, Palemoble, desenvolve a fabricación de mobles "lowcost" a partires de palets de madeira.

Parabéns polo teu excelente traballo¡¡¡ 

Eiquí vemos a Vanessa recollendo o premio. 

CONCURSO ARTIGOS DE OPINIÓN EN GALEGO

Estos son os traballos premiados no concurso de artigos de opinión convocado polo EDLG 2015: 

Irene Beceiro Calvo. 3º A ESO . Presión social.
Ana Cal García. 3º A ESO. O consumismo.
Iria Carballo López. 1º A ESO. A obesidade.
Sabela Fernández López 1º A ESO. As novas tecnoloxías.
Santiago Díaz Mera 3º A ESO. A emigración

Os traballos completos están expostos no taboleiro da primeira planta do edificio de secundaria. Norabóa ós premiados.

Distribuir contido

by Dr. Radut