Actividades

Campionato de xadrez en Chantada

O domingo celebrouse no casino de Chantada o campionato comarcal de xadrez por idades dentro do programa xogade da Xunta de Galicia.

Participaron os centro de Carballedo, Taboada, Chantada, Escairón e tres de Monforte.

Os mellores clasificados xogarán o día 10 de maio, no centro do viño de Monforte o campionato provincial.

 

Violencia de xénero

Dentro do Plan Director da Garda Civil o mércores 4 de marzo tivemos unha charla sobre "violencia de xénero" na que participaron os alumnos da ESO.

violencia de xenero

 

Campionato de bádminton en Taboada

Na imaxe vemos o noso alumnado participante no campionato de bádminton celebrado o sábado 28 de febreiro en Taboada.

badminton

ENTROIDÓN

QUECENDO MOTORES PARA O ENTROIDO !!!

 

XA CHEGOU O ENTROIDÓN CUN GRAN NOTICIÓN!


CADA DÍA DA SEMANA...CUNHA COUSA PREPARADA!

- LUNS 9: Un cinturón ben molón!


- MARTES 10: Un peluche cunha chuche!!


- MÉRCORES 11: Cos beixos de cor para bicar mellor!!!


- XOVES 12: Na túa clase con maquillaxe!!!!

 

E este foi o resultado....

 

Powered by Drupal - Design by artinet