Actividades

As Letras Galegas

Esta semana celebramos o Día das Letras Galegas e xa estamos todos metidos en materia.

Picade na foto para saber máis:

Almorzos Saudables

Hoxe tivemos unha actividade para aprender a facer almorzos saudables.

Pasa saber máis picade na foto.

Charla RCP

O mércores 9 de maio tivemos unha charla formativa para profesores na que nos deron as pautas básicas para a

Reanimación CardioPulmonar.

Para ver máis información picade na seguinte foto:

 

Charla Transtornos da Conducta Alimentaria

Para saber máis, pica na seguinte foto:

Carta a un militar español.

O noso alumno de 4º de ESO Brais López Arias foi un dos finalistas a nivel provincial do concurso Carta a un militar español

O venres 20 de abril asistiu á entrega de premios que se celebrou na Subdelegación de Defensa de Lugo e á que asistiron diferentes personalidades tanto civiles como militares, tales como o subdelegado do goberno.

Velaquí as fotos.

MEDRANDO NA TERRA. 21 de Marzo, Día da Árbore

O Día 21 de Marzo foi o Día da Árbore e no cole celebrámolo plantando unha no noso patio cos alumnos de 2º e 3º de Primaria. Tamén plantamos uns fermosos bulbos que dentro de nada botarán a flor.

Pica na foto para ver máis

Día da Muller

Hoxe é o Día da Muller, ocasión que non podemos perder para recordarlles aos nosos alumnos, alumnas, compañeiras e compañeiros a importancia e o peso da nosa aportación a esta sociedade.

Os alumnos de Plástica de 5º de Primaria, coa profe Ana Quintela,  fixeron este fermoso mural sobre Balbina López Somoza, a célebre farmacéutica de O Saviñao.

 

E cos alumnos de 3º de Primaria confeccionaron este outro mural bilingüe:

 

Ademais o Equipo de Normalización Lingúística realizou esta fermosísima árbore na que estamos representadas moitas das mulleres que traballamos neste centro e tamén familiares dos alumnos:

 Camiñando cara a igualdade e o respeto!

Powered by Drupal - Design by artinet