USO DE TABLETS DE POLOS CREATIVOS NA AULA MAKER

Entre o material pertencente aos Polos Creativos, dispoñemos de 6 tablets que se poden empregar para traballos específicos das diferentes materias para todo o alumnado, ou para os tempos de lecer na chamada aula maker, baixo a supervisión da profesora de garda. No mundo actual, a alfabetización dixital é imprescindible, e ademais, os videoxogos empregados con supervisión e control, inclúen beneficios como o desenvolvemento da atención, a creatividade, a memoria, os idiomas ou o traballo en equipo. Os videoxogos poden axilizar a capacidade de lidiar con imprevistos ao plantexar problemas e establecer un tempo para resolvelos. Tamén poden ser empregados con fines máis específicos en alumnado con necesidades educativas especiais, como traballar a motricidade fina, habilidades comunicativas, etc.

VISITA DO ZOQUEIRO

O alumnado de 1° de ESO disfrutou da experiencia de ver un zoqueiro tradicional que nos amosou os seus traballos como artesán ademais das ferramentas que usa para a elaboración  de zocas e cestería. 

Resultou fascinante ver cómo estas artes tradicionais foron recollidas por unha persoa tan nova que combina os seus estudos de 1° de BAC  co compromiso casi moral de conservar as tradicións dos nosos ancestros.

Non só nos ensinou o proceso de elaboración artesán  senón  que nos transmitiu certos valores relacionados co compromiso e respeto pola nosa cultura e tradicións  ademais de demostrarlle ó alumnado que o tempo é valioso e relativo,e que temos mais do que pensamos  para utilizalo  nun ocio mais diverso e rico que ó que están acostumados.

Toda unha experiencia!

Distribuir contenido