CARTA A UN MILITAR ESPAÑOL

Gañador e finalista do centro, no concurso Carta a un Militar Español.

DÍA DA LINGUA MATERNA

O alumnado de 5º de Educación Infantil e os seus mestres e mestras, quixemos facer esta actividade para conmemorar o Día da Lingua Materna.

RECOLLIDA DE TAPÓNS

A partires de agora recolleranse tapóns no centro para beneficio desta asociación. 

recollida_tapóns

 

ENCONTROS FRANCOESPAÑOIS


As restriccións de mobilidade que estamos a sufrir pola COVID non as temos que ver coma unha limitación para facer intercambios de linguas, o único que hai que facer é aproveitar ás circunstancias para reinventarse. Con este ánimo o departamento de francés ideou un intercambio virtual.

Polo tanto neste curso, o alumnado de 3º ESO está a facer 2 intercambios con 2 institutos franceses. Un co sur de Francía ( co IP Les Ferrages, Saint Chamas) coa temática da cociña xa que é un centro educativo de hostelería e outro coa Bretaña francesa (co collège Pierre Stephan, Briec). O alumnado está moi motivado e isto vai vento en popa:

Co centro de Saint-Chamas o alumnado xa intercambiou cartas, receitas e videos caseiros de cociña. Ademais, está no aire un proxecto con e.twinning.

Co centro de Briec, o alumnado enviou varios videos con distintas temáticas, cartas de nadal e ademais realizaron 2 videoconferencias dende o mes de xaneiro. Proxéctase facer traballos colaborativos en grupos mixtos francoespañois durante o 3º trimestre para fomentar a interacción.

Distribuir contenido