Club de Ciencia

APADRIÑAMENTOS CIENTÍFICOS. DECEMBRO

 

No mes de decembro rematamos coa primeira avaliación dos apadriñamentos. Comezamos co alumnado de 5º de Primaria, que realizaron unha práctica de detección de amidón con lugol en diferentes alimentos. O amidón é un glícido de reserva da maioría dos vexetais, pero nos animais non aparece de forma natural. Coa realización desta práctica, púidose comprobar que certos alimentos que consumimos a diario, como salchichas, salchichón, xamón cocido, mortadela, etc, posúen esta biomolécula, engadida co fin de darlles sabor doce, mellorar a súa consistencia, textura e aparencia e, en definitiva, reducir os custos. 

Para rematar, os de 6º realizaron unha extracción de ADN de tecidos vexetais, empregando chícharos. 

CONFERENCIA SOBRE ARTE, MATEMÁTICAS E 3D

Será impartida por Manuel Díaz Regueiro para 3º e 4º de ESO e público interesado. Tratará estes temas:

Revolución Dixital 3D
Calquera cousa matemática é arte?
Fibonacci
O caso das superficies desarrollables
O caso dos Poliedros
A simetría
Os fractais e os l-system
Curvas e superficies clásicas; hiperboloides como os das Pontes
Imprimir en 3D
As obras en Bridges e como as fixo. 
Shapeways
Openscad
Os Booleanos como método de diseño: Unión, intersección e diferenza
 

Robótica

 

O 29 de novembro o alumnado de 3 e 4 de ESO asistiu ao obradoiro de robótica en A Coruña. 

APADRIÑAMENTOS CIENTÍFICOS: EXTRACCIÓN DE PIGMENTOS FOTOSINTÉTICOS

O 28 de outubro, alumnos de 4º da ESO, explicáronlles aos de 4º de Primaria que as plantas conteñen varios pigmentos, os cales se poden extraer por disolución en disolventes orgánicos e despois separarse por cromatografía.

Os pigmentos que atopamos nas plantas superiores e que facilmente podemos identificar son:

-        Clorofila A: de cor verde.

-        Clorofila B: de cor verde amarelento.

-        Xantofilas: de cor amarelo claro.

-        Carotenos: de cor alaranxado.

Para a práctica empregamos  follas de espinaca e xeranio, e o resultado  da cromatografía foi o que se ve nas fotos.

Distribuir contenido