Apadriñamento lector

MEMORIA DE ACTIVIDADES DOS APADRIÑAMENTOS LECTORES DO CURSO 2020/2021

O alumnado de 5º e de 6º Ed. Primaria  son os padriños e madriñas do alumnado de 4º e 5º de Ed. Infantil e de 1º e 2º de Ed. Primaria.

No actual curso, debido á situación sanitaria, cambiou a forma de facer estes apadriñamentos, facendo uso das novas tecnoloxías e facéndoas de xeito virtual.

Premendo neste enlace pódese acceder aos vídeos que gravamos.

 

AGASALLOS DOS PADRIÑOS DE QUINTO DE PRIMARIA AOS AFILLADOS DE 2º DE PRIMARIA

Ola afilladas e afillados de segundo de primaria!!

Os vosos padriños de quinto de primaria quixemos facervos un agasallo:

Será un vídeo-conto da Canción do Sol, interpretado polo propio alumnado.

Esperamos que vos guste e que pasedes un momento divertido con este apadriñamento virtual.

Unha aperta.

Os vosos padriños de quinto de primaria.

AGASALLOS DOS PADRIÑOS DE SEXTO DE PRIMARIA AOS AFILLADOS DE 1º DE PRIMARIA

Ola afillados e afilladas de 1º de Primaria ‼️ 

Os vosos padriños e madriñas de 6º de Primaria quixeron facervos un agasallo: 

Será un vídeo-conto da historia da “Cocorico” interpretado polo propio alumnado. 

Esperamos que vos guste e que pasedes un ratiño divertido con este apadriñamento virtual. 

Unha aperta, 

Alumnado de 6º

AGASALLOS DOS PADRIÑOS DE QUINTO DE PRIMARIA AOS AFILLADOS DE 6º DE E.I.

Ola afillados e afilladas de 6º de Infantil ‼️ 

Os vosos padriños e madriñas de 5º de Primaria quixeron facervos dous agasallos: 

O primeiro será un vídeo-conto da historia da “Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza” interpretado polo propio alumnado. 

E o segundo será un vídeo duns debuxos con dedicatoria personalizada para cada afillado e afillada. 

Esperamos que vos gusten e que pasedes un ratiño divertido con este apadriñamento virtual. 

Unha aperta, 

Alumnado de 5º

Distribuir contenido