Proxecto de formación no centro

MARLENE HORNA NO CPI PLURILINGÜE DE CASTROVERDE

O 9 de decembro de 2020 o profesorado recibiu formación para as especificidades e necesidades educativas do alumnado TEA. Tamén se tratou a educación inclusiva para todo tipo de alumnado con diversidade funcional.  Agradecemos a Marlene Horna a proximidade e calidade da súa exposición. Esta formación organizouse dentro do Seminario Permanente de Atención á Diversidade coordinado pola profesora Alicia Rivas Braña.

PROXECTO DE FORMACIÓN DO PROFESORADO NO CENTRO. CURSO 2019/20

Este curso as liñas de actuación serán:

- Diversidade e plurilingüismo.

- Proxectos xerais (Ciencias, Literatura e Artes).

- Igualdade.

Haberá formación de familiares. 

 

PFPP 2018/2019

O  CPI de Castroverde participa no curso 2018/2019 nun Plan de Formación Permanente do Profesorado que ten tres itinerarios formativos:

- Curso de Impresión 3D e i-Pad

- Seminario STEAM e Aulas Felices.

- Seminario sobre Plurilingüismo.

Distribuir contenido