Avisos

TRÁMITES ADMINISTRATIVOS

O día 13, 14 e 15 de xullo o centro estará pechado para a atención presencial e só haberá atención telemática. Para calquera dúbida relacionada coas axudas de libros, transporte escolar ou outro tema administrativo poden chamar ao 982870181.

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO NO PROCESO DE ADMISIÓN

As familias que presentaron neste centro a solicitude de admisión para o vindeiro curso están todas admitidas, non obstante poderán consultalo no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar ou a través da aplicación admisión alumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre.

ADMISIÓN DE ALUMNADO

Abrese de novo o proceso de admisión de alumnado entre os días 11 e 18 de maio de 2020. Poden facer a solicitude de tres formas:

1.De forma telemática: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

2. Cubrindo o documento que se achega e remitíndoo a cpi.castroverde@edu.xunta.es

3. Presencialmente, solicitando cita previa no teléfono 982870175.

Xunto coa solicitude precisamos que nos remitan copia do DNI ou copia do libro de familia (de todas as follas con inscripcións).

Aclaración: o proceso de admisión é unicamente para o alumnado que non estivera matriculado no centro con anterioridade (non confundir coa matrícula da que xa se informará no seu momento a todas as familias a través de AbalarMóbil e nesta Web)

2ª AVALIACIÓN: RESULTADOS EN ABALAR MÓBIL

RESULTADOS DA SEGUNDA AVALIACIÓN

A partir do día 3 de abril pódense consultar telemáticamente os resultados do alumnado en ABALAR MÓBIL. Para iso é preciso que aquelas familias que inda non teñan instalada a aplicación no seu teléfono o fagan. Teñan persente que ten que será no móbil que teñan comunicado ao centro educativo. 

Para instalar a aplicación sigan os pasos indicados na seguinte GUÍA PARA RESPONSABLES

En caso de dúbidas envíen un correo a cpi.castroverde@edu.xunta.es

Para calquera problema ou consulta poden chamar aos seguintes números: 982870175, 982870181 ou 982870179.

 

Distribuir contenido