Centro plurilingüe e auxiliar de conversa

THANKSGIVING IN PRIMARY

  

Con motivo da celebración de Acción de Grazas en Estados Unidos, o noso auxilar de conversa, Noah Forslund, compartiu con nós as súas vivencias sobre esta festa mediante presentacións e xogos. Rematamos reflexionando sobre as cousas polas que podemos dar grazas. Aquí tedes unha mostra do que é valioso para nós. 

THANKSGIVING 2021

 O alumnado de lingua inglesa de secundaria celebrou o seu Thanksgiving con diversas e divertidas actividades como :

- A visualización dunha presentación do noso auxiliar de conversa nativo de USA donde iniciamos un increíble debate sobre a particularidade e orixe desta festa nos Estados Unidos.O alumnado participou activamente e disfrutou preguntando mil dudas e curiosidades.Chamoulles especualmente a atención o perdón que se lle concede a un deses  pavos. Aproveitamos para repasar a sucesión dos últimos 3 presidentes de USA dada a curiosidades que amosaron.

 -TEATRO:Interpretando 2 diálogos sobre a temática THANKSGIVING en tono humorístico por parellas  ante o resto de compañeros e compañeiras.Os aplausos sonaron en todo o centro asi que aproveitamos para pedir disculpas pola euforia.

- Disfrutaron posteriormente dun KAHOOT sobre o centro de interese traballado donde a intriga e nervios se palparon ata o final.

En fin,unha xornada festiva donde, sin dúbida, temos que agradecer o interese e colaboración do noso auxuliar americano que tanto nos fai disfrutar ademais de acercarnos á sua cultura dende o interés ,motivación e o respeto.

As intervencións e participación no CPIP de Castroverde dende hai máis de 10 anos dos asistentes de conversa nativos forma parte do programa plurilingüe do centro en lingua inglesa e resulta unha ferramenta fundamental na mellora da competencia lingúistica en lingua inglesa do noso alumnado.

Gracias a todos os que deixastedes unha miguiña da cultura anglosaxona en nós.

SCIENCE WEEK

Dende o departamento de lingua inglesa levamos traballando dúas semanas a SCIENCE WEEK a través do noso ENGLISH SQUARE. Centrámonos no olvidado papel da muller científica expoñendo estadísticas para concienciar ó alumnado da necesidade de visibilizar os erros do pasado para crear un futuro mais igualitario e xusto. O alumnado participa activamente buscando e completando información dos paneis, facendo reseñas biográficas das grandes mulleres esquecidas ó longo da historia. Traballamos na aula co noso auxiliar de conversa vocabulario relacionado cos símbolos e signos matemáticos , visualizaron unha presentación sobre figuras femeninas históricas e asemade, resolveron retos de cálculo mental e resolución de problemas aplicando todo ese léxico. O reto semanal tamén xirou neste sentido xa que o alumnado debía reproducir oralmente unha serie de números mellorando as súas marcas de tempo de xeito personalizado. Atréveste ti co reto? Intentao co cronómetro, compite contigo mesmo e vai mellorando a túa velocidade.

Try it!!!

9

99

999

9,999

99,999

999,999

9,999,999

99,999,999

999,999,999

PREMIOS HALLOWEEN 2021!

Xa temos as gañadoras e gañador dos premios Halloween 2021!!
 *1° premio:* 
Ceibe Gil  Fernández-Coronado de 2° de ESO
 *2° premio:* 
Noelia López Comuñas, 4° ESO.
 *3° premio* : 
Adrián López Villarino,1°ESO
 Ademais o alumnado participante recibiu este ano como agasallo unha cabaciña rechea de caramelos. Non podían faltar unha  "pumpkin with candies"nun auténtico Halloween.

 

Noraboa as gañadoras e gañador!

HALLOWEEN 2021

 
E chegou o día esperado donde agradecemos a todo o alumnado ,tanto de Primaria como de Secundaria a súa incrible participación nos nosos concursos de  "HALLOWEEN CAULDRON" e "ART PUMPKINS".
O departamento e equipo docente tanto de Primaria como da ESO diseñaron e programaron estas actividades en conxunto respetando o auténtico concepto dun centro integrado compartindo proxectos que contribúen á eficacia e coherencia do programa plurilingüe do noso centro. O espíritu festivo invadiu o noso centro a semana previa ao Halloween, como se pode comprobar no enlace ás fotos.
Noraboa a tódalas e tódolos participantes. O vindeiro día 10 saberemos os resultados dos premios en secundaria.
Ánimo e bo Halloween!!!
Distribuir contenido