Novas

BOLSAS EUROLINGUA

Eurolingua Venairlanda® lanza a súa 11ª convocatoria de Bolsas Eurolingua para a realización de Cursos de Inglés en Irlanda de dúas semanas de duración durante o verán nun programa de inmersión todo incluído.
REQUISITOS:

  • IDADE. Ter nacido con anterioridade ao 31 de decembro de 2009.
  • NACIONALIDADE. Ter nacionalidade de calquera país da UE.
  • ESTUDOS. Estar matriculado no presente ano escolar 2023-24 nalgún destes estudos: Bacharelato, ESO, Ciclos Formativos ou Titulación Universitaria regrada (mestrados e doutaramentos incluídos) en España.
  • MEDIA DO EXPEDIENTE ACADÉMICO mínimo 6 puntos, aos que se aplicará o correspondente corrector en función dos estudos.
  • Estudantes na ESO, Bacharelato e FP: nota media da 1ª avaliación do curso actual.

 
PARÁMETROS DE PUNTUACIÓN
A puntuación máxima será 140 puntos dos que o 71% (100 puntos) obteranse do expediente académico e o 29% restante (40 puntos) a través dos méritos (este apartado non é obrigatorio pero si recomendable para aumentar a puntuación).
 
O programa está financiado ao 100% e inclúe:

  • Recollida no aeroporto e traslado ao aloxamento en función da idade e destino.
  • A data do curso será no verán, nos meses de xullo ou agosto
  • Aloxamento en familia ou residencia/apartamentos en función da idade e destino.
  • Proba de nivel.
  • Programa de 20 clases de inglés semanais.
  • Material didáctico.
  • Programa de actividades culturais, visitas e excursións.
  • Certificado de aproveitamento do curso expedido polo colexio.
  • Supervisión por Monitores de Eurolingua en destino.
  • Teléfonos de emerxencia 24 horas.
  • Non incluído, pero xestionable gratuitamente, o billete de avión.

 
PRAZO DE SOLICITUDE DA BOLSA
Ata as 23.59 horas do 21 de abril de 2024.
Bases da convocatoria: https://reservas.venairlanda.com/CONVOCATORIA-BECAS-EUROLINGUA.pdf
Cómo solicitar a bolsa: https://www.becaseurolingua.com/como-solicitar-la-beca/
Requisitos:  https://www.becaseurolingua.com/requisitos/
Preguntas frecuentes: https://www.becaseurolingua.com/preguntas-frecuentes/
Máis información: https://www.becaseurolingua.com/

INFORMACIÓN SOBRE ADMISIÓN DO ALUMNADO

PREMER NO ADXUNTO PARA SABER MÁIS

 

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO

Convocadas axudas para libros de texto. Podedes atopar información e impreso para cubrir descargando os arquivos adxuntos.

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

As familias poden vir co seu neno ou nena. Veñan a conocernos!

Distribuir contenido