Inclúe-T

O QUE APRENDEMOS CON RITU

Con este vídeo, amosámovos unha pequena mostra do que fixemos con Ritu na nosa aula, pero ainda quedan algunhas  cousiñas mais por facer. Asique premede no vídeo para ver, veña axiña!!

O NOSO NOME EN HINDI

Seguimos de viaxe pola India e aproveitando que temos no cole a Ritu, invitámola a que viñera á nosa aula a contarnos cousas do seu inmenso país. E comezamos sabendo como se escriben o nosos nomes na súa lingua materna. Se premedes no video, podedes velo. Foi moi moi interesante a súa visita. Pero aínda hai máis, que vos ensinaremos máis adiante. ....

LECTURA CON FAMILIAS: LEOTOLDA

A semana pasada tivemos outra sesión de lectura en familia. Nesta ocasión veu a familia de Rosalía a ler o conto de LEOTOLDA, e tivemos que ler o conto case ás escuras, por que tiña sorpresas agochadas. Encantounos!!!

CREACIÓN DE MATERIAIS INCLUSIVOS

Dentro dos programas Inclúe (CPInclúe) para fomentar a inclusión educativa, están a creación de materiais que melloren o éxito escolar de determinado alumnado con necesidades especiais. Nestes casos é máis necesario que en ningún outro, contar coa implicación das familias.

Este material en concreto pertenece á modalidade INCLÚE – T, que promove a eliminación de barreiras derivadas de condicións persoais do alumnado. Porque unha escola inclusiva é aquela que se apoia na convicción de que todo o alumnado pode aprender cando se lle outorgan as oportunidades de aprendizaxe axeitadas e se estimulan as capacidades traballando en colaboración coas familias.
Neste caso, este material creouse para favorecer a aprendizaxe dun alumno autista para responder ás súas necesidades:

  • O alumno aprende mellor por vídeos ou outros materiais que pola explicación directa, xa que se distrae no contacto persoa a persoa, e se concentra mellor se non ten que estar pendente da interacción social.
  • É un alumno cunha gran memoria, que responde moi ben á introdución de contidos impartidos en cursos anteriores.
  • Agradece a repetición de determinados contidos exactamente no mesmo formato de imaxes, audios, música de fondo... Fai que lle resulten familiares e facilita a aprendizaxe e a relación de contidos anteriores cos novos.
  • Motívase moito se relacionamos as aprendizaxes con cancións, anuncios e xogos do seu interese, ou con cuestións prácticas da vida diaria. Neste sentido é fundamental o labor da súa nai, que nos transmite os elementos da súa contorna que nos poden resultar útiles para introducirlle as diferentes aprendizaxes (determinadas cancións, xogos, anuncios...), con suxestións sobre o seu uso específico para introducir contidos novos.

Por todo isto, no vídeo que elaboramos, relaciónanse contidos da materia de Tecnoloxía do curso 2023 – 2024 cos contidos impartidos na mesma materia no curso  anterior, cos audios específicos dos vídeos que se empregaron; e tamén con contidos dalgunha outra materia (ciencias naturais, xeografía e historia); ou da vida diaria (como colocar unha pila nun aparato, os riscos da electricidade, que facer se salta o diferencial na casa e se vai a luz...).
Estes apuntamentos presentados no vídeo tenos tamén en papel, e complétanse con exercicios relacionados. A repetición da estrutura da clase tamén o axuda dándolle seguridade: visualización do vídeo, realización de exercicios (de forma individual ou cos compañeiros e compañeiras de clase cando é posible), tempo de descanso.

Distribuir contenido