Club de Ciencia

DEMOSTRACIÓN DA EXISTENCIA DA ACELERACIÓN NORMAL OU CENTRÍPETA

 No seguinte vídeo podes ver a demostración da aceleración normal que se produce no xiro dunha pelota realizada na aula de 4º de ESO. A actividade doi deseñada pola profesora en prácticas, Andrea Calderón Rodríguez.

https://youtu.be/5ihWCFN3r-k

 

CIENCIA PARA XOVES INVESTIGADORES

Este mércores o alumnado de ciencias de 4º ESO tivo a oportunidade de visitar a Facultade de Ciencias de Lugo co gallo da campaña “Ciencia para xoves investigadores”. 

 

Os nosos alumnos e alumnas, enfundados nas súas batas de laboratorio, cas súas gafas de protección e as súas luvas, puxéronse mans á obra, ou mellor dito, ao laboratorio, levando a cabo dúas prácticas ben interesantes: 

 

(1) Análise do estado de ovos de galiña.

 

Nesta práctica estudaron características como: grao de conservación da cutícula, cantidade de gas contido no ovo, altura da xema, consistencia da clara, entre outras cuestións, que lles permitiu corroborar se o ovo era apto para o consumo ou non.

 

(2) Estudo da anatomía do encéfalo de vaca (Bos taurus) e de lontra (Lutra lutra).

 

Na segunda práctica, o alumnado estudou primeiro o encéfalo de vaca dende un punto de vista macroscópico, diferenciando as súas partes (cerebro, cerebelo e bulbo raquídeo);  e, en segundo lugar, fixo un estudo máis polo miúdo a través da observación ao microscopio óptico de cortes histolóxicos de cerebro de lontra. O alumnado quedou gratamente sorprendido ao atopar neuronas xigantes típicas deste mamífero. 

 

Finalmente, e antes de dar por concluída a nosa visita, o persoal docente universitario amosounos, moi amablemente, o instrumental e os aparellos que empregan nos seus laboratorios cos seus alumnos e alumnas de ciencias. 

 

 

Unha visita enriquecedora para os nosos xoves científicos e científicas.

APADRIÑAMENTOS CIENTÍFICOS: O QUE AGOCHAN AS NOSAS MANS?

O alumnado de ESO e 6º de primaria, estudaron nesta avaliación, os microorganismos aloxados nas súas mans. 

 

Primeiro, o alumnado de 4º ESO, os nosos científicos máis experimentados, elaboraron medios de cultivo a base de agar-agar, glicosa e proteínas (como fonte de carbono) e logo fixeron cultivos da microbiota das súas mans, antes e despois de lavalas. 

 

A continuación, titorizaron ao alumnado de 2º ESO, e estes últimos ensinaron o procedemento da práctica aos alumnos/as de 6º primaria. 

 

Con esta práctica puidemos observar que o noso corpo funciona como ecosistema, aloxando unha grande biodiversidade de seres vivos: bacterias, protozoos e ata fungos. Estes microorganismos,  desenvolven un papel moi importante xa que nos protexen de patóxenos. Pero en certas condicións pódense reproducir, crecendo, é dicir, aumentando as súas poboacións, o que deriva nunha infección.

 

Por iso, debemos extremar a hixiene, sobre todo cando vaïamos comer, para evitar enfermidades do aparato dixestivo."

TERTULIA CIENTÍFICA DIALÓXICA SOBRE ANNE L'HUILLIER, A QUINTA MULLER NA HISTORIA QUE GAÑA O PREMIO NOBEL DE FÍSICA

 

TERTULIA CIENTÍFICA O XOVES 16/11/23, HORA 16:30, LUGAR WEBEX DIRECCIÓN

Anne L'Huillier: a quinta muller en gañar o Premio Nobel de Física

Este ano, a Real Academia Sueca concedeu o Premio Nobel de Física aos científicos Pierre Agostini, Ferenc Krausz e Anne L'Huillier, que foron galardoados polos seus métodos experimentais baseados na xeración de pulsos luminosos para o estudo do movemento de obxectos na materia.

Nos seus 120 anos de historia, dos 224 científicos que foron galardoados co Premio Nobel de Física, só cinco son mulleres. Este ano, a quinta científica en incorporarse á pequena lista de gañadoras foi Anne L'Huillier, física francesa asociada á Universidade de Lund (Suecia).

A primeira muller en gañar o Premio Nobel de Física foi Marie Curie en 1903 despois das súas contribucións de investigación no campo da radiactividade a principios do século XX. Despois, foi a quenda de Maria Goeppert-Mayer en 1963 despois de describir o núcleo dos átomos, Donna Strickland en 2018 polas súas contribucións á tecnoloxía láser e Andrea Ghez en 2020 polas súas contribucións sobre os buracos negros. Moitas outras investigadoras non o recibiron e foron infravaloradas as súas aportacións como é o caso de Lise Meitner, a única científica á que se lle dedica o nome dun elemento químico na táboa periódica e que descubriu a fisión nuclear.

Os tres investigadores galardoados este ano foron recoñecidos por descubrir unha nova forma de xerar pulsos extremadamente curtos, coñecidos no campo da física como attosegundos (1as = 10–18 s), que serven para medir os procesos nos que se moven os electróns dentro das moléculas ou cambian de enerxía.

Segundo a Real Academia Sueca, Anne L'Huillier descubriu, en 1987, que aparecían diferentes tonalidades cando se transmitía luz infravermella a través dun gas nobre, un fenómeno que está ligado á interacción dos láseres cos átomos de gas. Este láser, explican nun comunicado, proporciona enerxía extra aos electróns e emítese como luz. Trátase dun descubrimento de L'Huillier que permitiu avanzar nas próximas etapas da investigación, recenteme recoñecida cun Nobel.

DÍA DA CIENCIA EN 5º DE INFANTIL

Para celebrar  O DÍA DA CIENCIA o alumnado de 4 anos, tamén quixemos aportar a nosa actividade. Desta volta o que fixemos foi experimentar o que pasaba se escribíamos con rotus nun folio e tamén en papel de cociña e despois mollábamos  por enriba das líneas con auga.  E observamos que non folio non pasaba nada, pero no papel de cociña si. E que era.... pois que a tinta dos rotuladores se movían polo papel e se extendían por donde a tinta quería, dependendo da cantidade de auga que lle botábamos, incluso chegaban a mesturarse as cores. E para ver como quedou tedes que premer no vídeo.

Seguro que seguimos investigando na ciencia porque nos encantan todos os experimentos.

Distribuir contenido