EDUCACIÓN EMOCIONAL E COMUNICACIÓN NON VIOLENTA
Sesión de formación do alumnado sobre educación emocional e comunicación non violenta con Nélida Zaitegi.
DÍA DAS MATEMÁTICAS: O NÚMERO PI
Póster elaborado polo alumnado de 2 de ESO.
Ademais de diversas curiosidades moi interesantes sobre o número pi, ten na parte inferior os decimais representados coas barras.
MARCH MADNESS 2023. ENGLISH ACTIVITY ABOUT AN AMERICAN TOURNAMENT
O noso auxiliar de conversa americano Noah Forslund puxo en marcha o novo _MARCH MADNESS 2023_ conseguindo que o alumnado sentira a emoción dun torneo que marca de pleno a vida deportiva americana nestas datas.
Fixeron as súas previsións sobre quen gañaría este torneo e mantemos a intriga final á espera dos resultados definitivos sobre o equipo gañador.
Espéranse sorpresas para o alumnado que acerte este "tournament bracket" masculino e próximamente faremos outro sobre o torneo feminino.
Cal será o premio final? Surprise,surprise!!☺️
EXIPTO CON LUZ NEGRA
Dentro do proxecto sobre Egipto, fixemos Unha sesión artística con luz ultravioleta, tamén chamada luz negra
INTERCAMBIO CO IES OLLOS GRANDES
O alumnado do Club de Lectura de 4° ESO do Ies Virxe dos Ollos Grandes de Lugo e o do CPIP de Castroverde celebraron un encontro no noso centro , para intercambiar opinións e sensacións sobre a obra "O conserxe" de Xosé Luís Vázquez Somoza.
Tivemos a sorte de contar coa presenza do autor da novela; así puidemos comentar, "criticar" o libro e facerlle moitas preguntas ao escritor sobre diferentes aspectos da escrita ( por que unha das protagonistas é de Castroverde,cando escribe,por que ten ese final, se vai continuar a historia...,por exemplo).
Tamén houbo tempo para ler fragmentos da obra, para compartir lecer e percorrer un curto traxecto do Camiño Primitivo, o que vai de Vilar ata a igrexa de Soutomerille.
Na actividade participaron as profesoras de Lingua Galega de ambos os centros, a profesora de Física e Química e outros docentes do noso centro.
Foi xornada didáctica, divertida...
