ESCOLAS VIAXEIRAS

Alumnas e alumnos de 5º e 6º de primaria acaban de regresar de participar nas escolas viaxeiras en Navarra, con outros dous centros de Cáceres e Huelva.

Algúns dos participantes

Ver fotos.

CALENDARIO SOLIDARIO

O día 4 de maio celebramos o acto de entrega do diñeiro recadado coa venda do calendario solidario, realizado polos nenos e nenas de 1º ciclo, á Rafael Veiga, Coordinador Nacional da Fundación Taller de Solidaridade. Ao acto asistiu o alcalde do noso Concello, que se fixo cargo da impresión dos calendarios. Rafael Veiga falounos dos proxectos que esta asociación leva a cabo en Nicaragua e no Congo.

 

VIAXE Á CORUÑA

O día 3 de maio as nenas e nenos de 1º ciclo de Primaria visitamos a Casa das Ciencias, o Planetario e o Acuario en A Coruña.

Gastón

CONTOS CONTADOS

O 23 de abril, con motivo da celebración do día do libro, representous no noso colexio a obra Catalina, Lino, Lina a cargo de Glup, Glup. Aquí deixamos un momento da súa actuación, á que asistimos alumnado e profesorado de Educación Infantil e Primaria. Preme aquí para ver máis fotos do evento.

 

Catalina conta o seu conto

 

EXCURSIÓN A LEÓN

As alumnas e alumnos de 3º Ciclo de Primaria visitamos as Covas de Valporquero e a Catedral de León. Premendo aquí podedes apreciar os seus encantos e entrando na Galería do CPI de Castroverde podedes ver as fotos da excursión.

Catedral de León

Distribuir contenido