Comunidades de Aprendizaxe

TERTULIA DIALÓXICA PEDAGÓXICA

PROFESORADO DO CPI AS MIRANDAS-PROFESORADO DO CPI DE CASTROVERDE

O 2 de maio ás 16:15 horas o profesorado de ambos CPI celebrou unha Tertulia sobre o capítulo IV do libro Aprendiendo Contigo da Editorial Hipatia.

Neste capítulo aborda a importancia da aprendizaxe instrumental e como a través de Grupos Interactivos e outras actuacións educativas de éxito como as Tertulias Dialóxicas se pode contribuir á mellora das diferentes materias. O diálogo igualitario entre profesorado dos dous centros educativos foi moi enriquecedor.

  

"Vygotsky (1979) era profundamente revolucionario al decir que las personas, a diferencia de los animales, tienen la capacidad de utilizar el contexto de forma instrumental, como una herramienta para transformar su propia psicología y así el curso de su desarrollo."

 

 

 

https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicastroverde/system/files/aprendiendo%20contigo.pdf

 

DÍA DE PI

TERTULIA MATEMÁTICA

O CPI Plurilingüe de Castroverde celebrou o día do número PI (14 de marzo) cunha tertulia dialóxica matemática e outras actividades impulsadas polo departamento de matemáticas do CPI, como murais nos corredores cos primeiros decimais deste número irracional. Na tertulia revisouse a historia de PI e as sucesivas aproximacións e cálculos ao seu valor, as aplicacións en estatística, geodesia, teoría da relatividade, mecánica cuántica, procesamento de sinais e tamén en actividades da vida cotiá de carpintería ou mecánica entre outras. Tamén se visualizou un rap sobre as primeiras 100 cifras deste número e as súas aplicacións.

Esta actividade forma parte das iniciativas pedagóxicas conxuntas que se comparten co CPI As Mirandas de Ares dentro  da fase interautonómica do programa Obseva-Acción.

MONKEY PUZZLE

 

Dúas alumnas e un alumno de sexto de primaria ofrecéronse para contar unha historia en inglés ao alumnado de 5º de E. I. Primeiramente a profesora escolleu un conto orixinal en inglés e adaptouse para o nivel de 5º de E.I. Os tres voluntarios prepararon na casa e en momentos libres a posta en escea e aprenderon os seus textos. Practicaron durante o descanso despois de comer e cando chegou o almunado de EI á aula atopáronse coa sorpresa. 

Nesta actividade os máis pequenos disfrutan e aprenden cos maiores pero estes aprenden aínda máis grazas aos cativos pois teñen que memorizar a súa parte, interpretala, traballar a entoación, pronuncia, léxico e estruturas, fluidez e ,o que é máis importante, enfrontarse a un público.

Verdadeiramente foi unha experiencia xenial cun comportamento exemplar, tanto por parte dos contacontos coma da audiencia. Seguro que imos repetir pois xa hai outros 11 voluntarios á espera.

 
 

APADRIÑAMENTO LECTOR

O alumnado de 5 de E.P. inicia a súa actividade de "Voluntariado de lectura", apadriñando ao alumnado de 6 de E.I.

A actividade tivo lugar na aula de 6 de E.I. e consistiu en:

-Xogo de presentación (tea de araña) para coñecerse.

-Posta en común dos compromisos asumidos e sinatura dos mesmos.

 

-Lectura compartida.

GRUPOS INTERACTIVOS EN 6º DE PRIMARIA

Neste primeiro trimestre os nenos e nenas de sexto, traballaron en grupos interactivos. Dende aquí queremos agradecer o traballo do voluntario que nos permitiu levar a cabo estas sesións. Moitas grazas!!!! Foi unha actividade moi interesante que continuaremos no segundo trimestre.

Distribuir contenido