Observa-Acción

DÍA DE PI

TERTULIA MATEMÁTICA

O CPI Plurilingüe de Castroverde celebrou o día do número PI (14 de marzo) cunha tertulia dialóxica matemática e outras actividades impulsadas polo departamento de matemáticas do CPI, como murais nos corredores cos primeiros decimais deste número irracional. Na tertulia revisouse a historia de PI e as sucesivas aproximacións e cálculos ao seu valor, as aplicacións en estatística, geodesia, teoría da relatividade, mecánica cuántica, procesamento de sinais e tamén en actividades da vida cotiá de carpintería ou mecánica entre outras. Tamén se visualizou un rap sobre as primeiras 100 cifras deste número e as súas aplicacións.

Esta actividade forma parte das iniciativas pedagóxicas conxuntas que se comparten co CPI As Mirandas de Ares dentro  da fase interautonómica do programa Obseva-Acción.

OBSERVA-ACCIÓN. XORNADA DE ACOLLIDA.

Xornada de acollida do profesorado do CPI As Mirandas dentro do programa observa-acción, celebrada o 26 de febreiro.

OBSERVA-ACCIÓN

 

O programa Observa_Acción ten como finalidade fomentar o desenvolvemento profesional nas Competencias Profesionais Docentes para a cooperación e colaboración, a construción conxunta de coñecemento e o liderado e xestión de centros a través do intercambio de boas prácticas e a observación entre iguais.

Os obxectivos que se perseguen con este programa son os seguintes:

• Experimentar novas vías de formación do profesorado e favorecer a innovación educativa nos centros educativos de Galicia, así como a colaboración con centros doutras comunidades autónomas e/ou países de ámbito europeo.

• Facilitar ao profesorado e aos membros do equipo directivo dun mesmo claustro a posibilidade de observar de forma directa metodoloxías nos procesos de ensino-aprendizaxe, xeitos de relación e comunicación, ou vías de xestión dos recursos propios e alleos, fomentando a adaptación e a aplicación do aprendido na súa praxe diaria.

• Fomentar o traballo en equipo de grupos de profesores/as cun interese común, incluíndo a observación activa da práctica docente de todos os seus membros, establecendo así vías de comunicación para o intercambio de boas prácticas, a reflexión, a formación metodolóxica sobre aspectos innovadores nos procesos organizativos e didácticos e a realización de proxectos de forma conxunta.

• Potenciar o traballo en equipo entre centros educativos con intereses compartidos, establecendo irmandades que fomenten a reflexión sobre aspectos organizativos, metodolóxicos e formativos innovadores para ofrecer unha formación de calidade en beneficio do alumnado.

• Favorecer a internacionalización dos centros educativos, ofrecendo a posibilidade de levar a cabo proxectos con outras Comunidades Autónomas e/ou países, e fomentando a integración reflexiva e contextualizada de innovacións educativas na súa propia práctica docente.

• Aplicar e revisar protocolos de observación de práctica docente e potenciar accións metodolóxicas innovadoras para a mellora dos procesos de aprendizaxe do alumnado.

 

O programa Observa_Acción terá unha duración de dous cursos académicos e desenvolverase en catro fases (dúas en cada ano lectivo):

1. Observa_Acción. Fase Intracentros (Comparte)

2. Observa_Acción. Fase Intercentros (Acolle)

3. Observa_Acción. Fase Estatal (Conecta)

Máis información no portal educativo:

Distribuir contenido