Xerais do centro

Actividades do centro

OS REIS ADIANTARON A SÚA VIAXE A CAUSA DO CORONAVIRUS

 
O CONCELLO DE CASTROVERDE ENTREGA OS AGASALLOS DOS REIS MAGOS A TODOS OS NENOS DO CONCELLO
Este ano con motivo do COVID-19 hai que tomar toda a precaución posible. Por esta razón non podemos celebrar a tradicional Cabalgata de Reis coma todos estes anos atrás. Os Reis Magos decidiron envialos con tempo para que todos os nenos poidan gozar deles durante as súas vacacións de Nadal. Este venres fíxoselles a entrega dos agasallos a todos os nenos do Cpi Castroverde. Ós nenos de ata 2 anos e resto de nenos que por diversos motivos non estén no C.P.I de Castroverde pero que igualmente estén  empadroados no noso Concello levaráselles os agasallos ás casas durante os próximos días para que así ningún neno do noso concello se quede sen o seu agasallo que tan merecido o teñen por comportarse de maneira exemplar durante este ano tan duro que levamos vivido. 
 
De todas formas aínda que este ano non se poida celebrar a Cabalgata de Reis, os Reis Magos mandaranlle igualmente unha mensaxe a todos os nenos do Concello o día 5 de xaneiro a través dun video que se colgará ese mesmo día na web (www.concellodecastroverde.gal) e no facebook do Concello. Por iso animamos a todos os nenos a que o día 5 entren en algunha desas páxinas para poder ver en directo a mensaxe dos Reis Magos de Oriente.
Distribuir contenido