Comunidades de Aprendizaxe

TERTULIA LITERARIA DIALÓXICA SOBRE O DIARIO DE ANA FRANK

O día 31 de xaneiro de 2019 terá lugar unha tertulia sobre unha selección de textos do diario de Ana Frank. A tertulia estará coordinada pola profesora Nanda Suárez Méndez.

Inivitamos a asistir a todas as persoas que o desexen. Celebrarase no salón de actos do CPI Plurilingüe de Castroverde.

Achégase o arquivo da selección de textos realizada pola profesora Nanda Suárez.

CONFERENCIA DE CARLOS PAJARES

 

O 4 de decembro de 2018 o físico e profesor da USC, Carlos Pajares, impartíu unha conferencia dirixida a todo o alumnado de educación secundaria titulada De que están feitas as cousas?. Nesta conferencia explicou detalladamente a composición da materia a medida que imos descendendo na escala de tamaños: moléculas, átomos, quarks, leptóns...e as interaccións fundamentais que se dan no noso Universo así como as partículas que as transmiten. Resultou particularmente interesante as explicacións sobre o traballo que se desenvolve no CERN.

Agradecemos ao eminente investigador que se desprazase ata Castroverde para dar a coñecer os descubrimentos que se están realizando en física de partículas, no CERN e o funcionamento do LHC.

Achégase a continuación a presentación realizada: DE QUE ESTÁN FEITAS AS COUSAS

TERTULIA LITERARIA DIALÓXICA SOBRE CONCEPCIÓN ARENAL

Tras unha breve introducción da profesora  Nanda Suárez Méndez sobre  Concepción Arenal, fixemos unha tertulia dialóxica sobre un dos seus ensaios sobre a muller. Foi o 29 de novembro de 2018, xoves, no salón de actos do CPIP de Castroverde. Estivo dirixida á totalidade do alumnado de educación secundaria e e para todas as persoas adultas que quixeron asistir. A tertulia estivo coordinada pola profesora Cristina González Grandas. Houbo unha elevada participación, dialogando sobre as reflexións desta intelixente muller do século XIX, sobre os seus logros e  sobre a situación da muller nesa época e tamén sobre a discriminación que segue habendo na sociedade actual.

ACTIVIDADES PARA TODA A COMUNIDADE

Mércores, 28 de novembro de 2018

9:45 a 10:35- Actividade de divulgación científica consistente na proxección de documental sobre a Relatividade de Einstein e charla explicativa.

Xoves, 29 de novembro de 2018

15.25 a 16.15- Tertulia literaria dialóxica sobre  Concepción Arenal, coordinada por Cristina González Grandas, no salón de actos do CPI de Castroverde. 

Martes, 4 de decembro de 2018

12:35-13:25- Conferencia do profesor Carlos Pajares da USC titulada De que están feitas as cousas.

Carlos Pajares é Dr. pola Universidade Complutense, foi investigador nas Universidades de París-Sur, Washington en Seattle e profesor titular na Universidade Autónoma de Barcelona e catedrático na USC. Foi Rector da USC no período 1984-1990. No período 2008-2012 foi delegado científico de España no CERN (Centro europeo de Física de Partículas) período no que se detectou o famoso bosón de Higgs. É Doutor Honoris causa pola Universidade Técnica de Lisboa e pola Universidade de Sant Petersburgo. O seu campo é o de Física de partículas.

Mércores, 12 de decembro de 2018

15:25-16:15- Conferencia do profesor Pablo Vila Lameiro da USC sobre Dendrocronoloxía.

Mércores, 19 de decembro de 2018

9:45-10:35- Conferencia do arquitecto de Castroverde, Marcos Rubinos, sobre A Beleza na arquitectura.

TERTULIA DIALÓXICA SOBRE EMILIA PARDO BAZÁN

 
 

 

O 29   de outubro de 2018  realizouse unha  Tertulia Literaria Dialóxica organizada polo Departamento de Lingua Galega. Para a tertulia empregáronse textos e proxeccións cinematográficas en galego sobre a biografía da autora. Resultaron moi enriquecedoras as aportacións de profesores e alumnos na Tertulia sobre Dona Emilia Pardo Bazán. Os textos e secuencias presentadas permitíronnos coñecer mellor a época na que viviu a autora e a sociedade á  que tivo que enfrentarse, chea de prexuízos machistas. Algúns destes comportamentos persisten na nosa sociedade pero consideramos positivo o feito de identificalos como paso previo á súa eliminación.

Distribuir contenido