Comunidades de Aprendizaxe

OBRADOIROS DE INFANTIL, 1º, 2º E 3º DE PRIMARIA COORDINADOS POR ALUMNOS DE MAXISTERIO

Dende fai uns anos o CPI de Castroverde e a Facultade de Formación do Profesorado manteñen unha relación fluída de intercambio de formación. Nesa línea o pasado venres 4 e o luns 7 de maio os alumnos/as da Facultade e do CPI viviron experiencias moi interesantes.

O venres, 4º, 5º de Infantil e 1º de Primaria, desfrutaron dun contacto co entorno natural no Paseo do Rato. Os futuros Mestres/as de Infantil puxeron todo o seu entusiasmo nunhas actividades través dunha metodoloxía activa baseada nas experiencias das “escolas bosque” e “aulas ó aire libre”.

O luns, os cursos de 2º e 3º de Primaria compartiron uns obradoiros enfocados a traballar as competencias básicas elaborados polos alumnos/as de 4º do Grado en Mestre/a de Educación Primaria.

APADRIÑAMENTOS LECTORES: DÍA DO LIBRO

O alumnado de Sexto e Primeiro de Educación Primaria desenvolveron este luns unha nova sesión de Apadriñamentos Lectores, neste caso coincidindo coa celebración do Día do Libro. 
 
Así, os alumnos de Sexto trouxeron o seu libro preferido de cando tiñan seis anos e os alumnos de Primeiro, o libro co que máis se sinten identificados na actualidade.

APADRIÑAMENTO CIENTÍFICO: DISECCIÓN DUN MOLUSCO (MEXILLÓN)

 

Os alumnos/as de 3º de primaria, coa colaboración dos alumnos e alumnas de 4º de ESO, realizaron a actiividade de laboratorio correspondente ao terceiro trimestre:

DISECCIÓN DUN MOLUSCO (MEXILLÓN)

Nome científico do mexillón: Mytilus edulis   ou

 Mytilus galloprovincialis

O mexillón é un molusco (invertebrado) bivalvo abundante nas costas rochosas e cultivado para o consumo humano. Aliméntase por filtración de partículas de pequeno tamaño que se encontran na auga mariña. As partes máis importantes son: pé, masa visceral, manto e cuncha.

Para protexer o corpo brando  posúe dúas pezas calizas protectoras  chamadas valvas. Estas valvas articúlanse entre elas permitindo  a apertura para alimentarse e o peche para protexerse de depredadores ou da desecación en marea baixa.

Para fixarse no litoral exposto ás ondas do mar posúe unha glándula produtora de filamentos que se pegan ás rochas e resisten a forza das ondas.

Os alumnos/as empezaron estudiando a cuncha e a función das distintas partes e, despois, a anatomía interna identificando e separando os distintos órganos.

 

TERTULIA LITERARIA DIALÓXICA SOBRE CASTELAO

O luns 16 de abril de 2018, ás 15.25 horas no salón de actos do CPI de Castroverde tivo lugar unha Tertulia Literaria Literaria Dialóxica sobre unha selección de obras de Castelao que se encontran na ligazón inferior.

Estivo coordinada polo departamento de lingua galega.  

Escolléronse textos, debuxos e pinturas de CousasCousas da Vida,  Retrincos Galicia Mártir.

 

 

IMAXES E TEXTOS PARA A TERTULIA

CONFERENCIA DE ÁFRICA GONZÁLEZ SOBRE NANOMEDICINA

EDUMOTIVA: NANOTECNOLOXÍA, REALIDADE OU FICIÓN

O venres 13 de abril, ás 13.25 horas, no salón de actos do CPI de Castroverde tivo lugar unha conferencia de África González que se encadrou nunha serie de iniciativas para fomentar as competencias STEAM entre o alumnado, especialmente entre as rapazas, achegándolles exemplos de mulleres que destacan en campos de ciencias e tecnoloxía.  Esta actividade puido celebrarse grazas ó programa Edumotiva que pretende promover entre o alumnado valores como a motivación, o esforzo, o pensamento crítico e o traballo en equipo. A conferencia resultou moi interesante tanto para o alumnado como para o profesorado, xa que deu a coñecer a infinidade de aplicacións da nanotecnoloxía e da nanomedicina.  

África González: Doutora en medicina e cirurxía, é catedrática de inmunoloxíada  na Universidade de Vigo, onde lidera un grupo de investigación de inmunoloxía. É presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía e directora do Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) da Universidade de Vigo. É un referente a nivel nacional e internacional en inmunoloxía básica e aplicada; o seu traballo actual céntrase en desenvolver unha vacina para tuberculose, así como en nanomedicina e estudo da toxicidade de nanomateriais. Traballou co Dr. César Milstein (premio Nobel pola tecnoloxía dos anticorpos monoclonais) en Cambridge. Recentemente foi  premiada como muller innovadora a nivel europeo por promover a empresa NanoImmunoTech.

Distribuir contenido