Biblioteca

CONTACONTOS EN INGLÉS: DEAR ZOO

 

Unha vez máis, alumnado voluntario de 6º de primaria acudiu á aula de Educación Infantil para contar un conto en inglés. Neste caso foi "Dear Zoo" de Rod Campbell. Hai que dar as grazas polo esforzo que supón para estas voluntarias traballar a pronuncia, entonación, interpretación, etc. É un traballo feito fóra do horario escolar e, aínda que poden consultar as dúbidas cando están co colexio, ten moito mérito participar nunha actividade coma esta que ó tempo que beneficia e motiva aos máis pequenos, contribúe enormemente á mellora da competencia lingüística do alumnado voluntario.

SEMANA DAS CULTURAS

OBRADOIRO FRANCÓFONO DE ESCRITURA CREATIVA

TALLER DE ROBÓTICA APLICADA Á AGRICULTURA

CHARLA SOBRE PERUGIA E O ITALIANO

MURAL SOBRE AGRICULTURA EN KENIA

MURAL DA COMIDA DE KENIA

RECUNCHO DA SEMANA DAS CULTURAS NA BIBLIOTECA

A semana pasada celebramos a Semana das Culturas no centro con diferentes iniciativas.
O xoves realizouse un obradoiro francófono de escritura creativa en 2º da ESO coa axuda do alumnado de francés de 4º da ESO. Unha vez deixaron voar a imaxinación, dramatizaron o que crearon. Ese mesmo día tivo lugar unha charla para toda a ESO sobre Perugia, unha cidade italiana, e sobre expresións básicas italianas e xestos italianos.
O venres o alumnado de 3º e 4º da ESO asistiu a un taller de robótica aplicado á agricultura. Para o alumnado de 5º e 6º de primaria tamén tivo lugar a charla sobre Perugia e o italiano.
No comedor degustáronse pratos típicos da cultura india, marroquí e latina.
Na biblioteca adicouse un recuncho á exposición de receitas e linguas do mundo (elaboradas por alumnado de primaria e secundaria) e de festivais e moeda da India. Ademáis, diante da biblioteca pódense ver dous murais sobre a comida e a agricultura en Kenia con palabras en swahili.

Día da Poesía. Actividade realizada pola Biblioteca e o Club de Lectura

  

No CPIP de Castroverde, celebramos o Día da Poesía cun recital no que o alumnado da ESO leu poemas en varias linguas. Algunhas delas, linguas nativas como o árabe ou o romanés, xunto co galego e o castelán. Tamén poemas en francés e inglés e, mesmo se atreveron co portugués e o italiano. Tamén se escoitaron poemas musicados por diferentes artistas ( A Banda da Loba, Rosalía ou Los Suaves). 

DÍA DA MULLER NA BIBLIOTECA

Na biblioteca celebramos o Día da muller con murais feitos polo alumnado de infantil e primaria e pósters diseñados polo alumnado de secundaria. Ademáis, fixemos unha exposición de libros sobre a temática.

Distribuir contenido