Club de Ciencia

INVESTIGACIÓN SOBRE A LÚA E AS PLANTAS

INFLÚE A FASE DA LÚA NO CRECEMENTO DAS PLANTAS?

CLUB DE CIENCIA E HORTO ESCOLAR

Na seguinte investigación realizada pola alumna Andrea Ruíz de 4º de ESO demóstrase que non ten base científica a crenza popular de que a fase da Lúa inflúe no crecemento das plantas. https://docs.google.com/presentation/d/1YyNLMgynwCtAOGHbbgv925m8Wwi7V_zXWg3m2ZIQzfw/edit?usp=sharing

APADRIÑAMENTO CIENTÍFICO:PRESENZA DE ALMIDÓN NOS ALIMENTOS

Os nenos e nenas de sexto de Primaria, acompañados da profe, fixeron unha visita ao laboratorio. Algúns nenos e nenas de terceiro da ESO, dirixidos pola profe de Bioloxía, explicaronlles como podían detectar a presenza de almidón en determinados alimentos. Empregaron o microscopio e resultou unha experiencia moi interesante. E o primeiro apadriñamento científico deste curso. Haberá máis.

 

ANA RAMOS E SANTIAGO PEREIRA FÁLANNOS DO CASTIÑEIRO

 Hoxe tivemos a sorte de recibir a  Ana Ramos e a Santiago Pereira da Universidade Politécnica. 

 Levan traballando como investigadores dende hai 23 anos e son Especialista nos castiñeiros. Con moito sentido do humor, autodefínense como o "CSI do castaño"!

 Lembráronnos que a castaña xa estaba en Galicia antes da chegada da pataca. Explicáronnos as etapas do  cultivo do castiñeiro e a historia do uso da madeira de castiñeiro que comezou coa cestería para transportar o peixe e que tamén tivo moito que ver cos  mosteiros, xa que implantaron o cultivo dos castiñeiros para os viñedos: por unha banda precisaban ter pólas para levantar a viña e por outra banda usaban a madeira para fabricar bocois para transportar o viño. 

 Falaron tamén da  recolleita, dos sequeiros, da historia das ouriceiras, das ferramentas tipicas para traballar , etc. Presentáronnos fotos do que pasa en Turquía xa que acaban de voltar dunha sorprendente viaxe de traballo aló. Grazas a eles, descubrimos os sistemas que usan para golpear os ourizos en Turquía.

 A maiores de todo isto, presentaron as distintas variedades de castañas, os sabores, as que mellor pelan e deron datos concretos: hai unhas 150 variedades en Galicia e teñen diferentes contidos en azucres. As mellores variedades resultan ser as que non teñen división interna. 

 O máis interesante é que chegamos a escoitalos falar de xenética. Fan análises de ADN para averiguar de que variedade son e usan marcadores moleculares. Logo fan unha cuantificación para poder usar os datos en análises posteriores. É un proceso longo e caro que pode durar varias horas. 

 Ese traballo ten  aplicacións interesantes, serve por exemplo para evitar fraudes nos viveiros!

 Para rematar a ponencia falaron das saídas universitarias e laborais e da fundación Paideia de Sara Ortega. Foi un relatorio enriquecedor que espertou moito interese!

TERTULIA CIENTÍFICA DIALÓXICA: CURIOSIDADES SOBRE O ELECTRÓN

O 26 de outubro de 2022 a partir das 17:30 horas terá lugar unha tertulia dialóxica científica sobre o electrón. O texto da tertulia, sobre 5 curiosidades sobre o electrón, está no seguinte enlace:

https://javierguerreroruano.blogspot.com/2022/09/el-electron-10-curiosidades-que-no-te.html?m=1

As persoas que desexen participar na tertulia deberán conectarse a través de Webex co seguinte número  844560333.

As persoas que o desexen poden solicitar unha copia en papel no centro educativo.

(Actividade de excelencia)

EN XULLO QUENTA O SOL NO NOSO HORTO!

Mais non pasa nada, o equipo do horto coida de que as plantas non pasen sede mentres @s nen@s descansan. Estes días, podemos observar os bos resultados do traballo realizado polo alumnado de todas as idades durante o curso escolar que acaba de rematar. E non é pouca cousa, xa aparecen flores, xudías, remolachas,  tomates, calabacíns, garavanzos e outras marabillas da terra! Temos unha boa mostraxe de diversos produtos e sobretodo moitas ideas novas para o vindeiro curso.

Distribuir contenido