Club de Ciencia

APADRIÑAMENTO CIENTÍFICO (09/06/2022): A CALIDADE DOS ALIMENTOS

Nesta práctica o alumnado de 4º da ESO preguntoulle ao alumnado de 6º da EP se tiñan coñecementos sobre a calidade dos alimentos que consumen. Mediante unha reacción química entre o lugol e o amidón comprobaron que certos alimentos ultraprocesados (mortadela, xamón cocido, peituga de pavo...) conteñen amidón, un glícido presente de forma natural nos vexetais. A explicación a isto é que engadindo amidón á carne, se conseguen máis kg de produto final, cos correspondentes beneficios para a industria cárnica.

COMPOSTAXE NO CPI DE CASTROVERDE

O CPIP de Castroverde tornase máis verde!

No centro, coa axuda das cociñeiras, o alumnado está a reciclar os restos orgánicos do comedor escolar. Cada día, un grupo diferente queda encargado de facer esa labor e de controlar o nivel do composteiro. 

 

Pouco a pouco, coa primaveira, vemos o horto comezar a mudar de aspecto... Moitas mans, pequenas e grandes pasan por alí... Aquí todos colaboramos!

O GALEGO E A TECNOLOXÍA NO DÍA DA ÁRBORE

 

Coa chegada da primavera, hoxe no CPIP o alumnado de 1 °ESO celebrou o día internacional da Árbore cunha unidade didáctica especial presentada por Marina. 

Ademais de descubrir cousas novas viron a diferenza entre distintas mostras de troncos. 

O Equipo de Dinamización Lingüística participou tamén na actividade cunha mostra de poemas adicados ás árbores elixidos cun gran acerto!

 

FALADOIRO DE LITERATURA FRANCESA E ESPAÑOLA

 

A raíz do faladoiro sobre Almudena Grandes do día 2 de febreiro, descubrimos que Almudena Grandes escribiu o libro "o lector de julio Verne".  Nesa obra Almuden Grandes fai unha marabillosa publicidade do autor francés. 

Xa que o departamento de francés está a facer o intercambio do programa internacional Galimiens (entre Galicia e a cidade de Amiens en Francia)  interésanos moito: Julio Verne viviu en Amiens ata a súa morte. 

Polo tanto, o  11 de marzo o alumnado de 3° ESO vai participar no faladoiro "de Almudena Grandes a Julio Verne". 

Os 3 rapaces que fagan as mellores achegas durante a tertulia van gañar un pase para unha viaxe virtual en globo con gafas 3 D (lembramos que Julio Verne escribiu o libro "5 semanas en globo")!

Moita sorte a tod@s!

CIENTÍFICAS GALEGAS

O alumnado de 2º de ESO realizou un traballo sobre científicas galegas na área de Física e Química. Mostramos parte del nos adxuntos.

Distribuir contenido