Inclúe-T

LECTURA EN FAMILIA: MIMI E A XIRAFA AZUL

No seguinte video podedes ver como debuxamos a Mimi  e a xirafa azul, conto que nos veu a ler Cristina, a mamá de Lara.  Un conto no que se traballa a diversidade e do que aprendemos a respetar a todos por igual.

 

LECTURA EN FAMILIAS: PEDRO E O LOBO

Na aula de 4 anos seguimos coa lectura en familias. E xa fai unha semanas que nos visitou Cristina a nai de Diego para contarnos o conto: Pedro e o lobo, do que aprendemos moitas cousas.   E despois da lectura seguimos a facer a actividade creativadade que temos encomendada. Disfrutamos moito e deixamos voar a nosa imaxinación e creatividade.

 

MOITO MÁIS SOBRE A AULA MAKER

Continuamos coa presentación de diferentes exemplos das actividades que fai o noso alumnado na "aula maker" durante os recreos dos xoves e venres en primaria e de martes a venres en secundaria.
Como xa comentamos, durante os recreos é un espazo de creación, estudo e xogo en liberdade, baixo o coidado dunha profesora de garda (e unha coidadora se hai presenza de alumnado que o necesite). As actividades durante o tempo de lecer non son dirixidas polo profesorado, senón que xorden espontaneamente da rapazada. Esta mesma aula é empregada polo profesorado no tempo lectivo para facer actividades co material do programa Polos Creativos, por exemplo, con actividades reguladas. Pero nos períodos de lecer predomina a liberdade creativa.
A profesora sitúa diferentes recunchos de actividades, variándoos de cando en vez para motivar o xogo; pero o alumnado é libre de coller outro material dos andeis, ou realizar outras actividades non previstas en absoluto.
É un espazo de inclusión e convivencia, onde o alumnado de diferentes cursos interactua e establece ou reforza amizades, onde se traballa a coeducación, e se abre a posibilidade de desenvolver actividades que non teñen cabida no currículo habitual e que contribúen a evitar o abandono escolar.
Aquí vai unha escolma de exemplos.

 
 
 

XOGOS COOPERATIVOS E CUÑAS MOTRICES

 

A iniciativa de Contratos-programa Inclúe (CPInclúe) constitúe un instrumento de apoio aos centros para que, dentro da súa autonomía, e en consonancia cos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) da Axenda 2030, concretamente cos obxectivos 4 (Educación de calidade) e 5 (Igualdade de xénero), poidan desenvolver un plan de mellora no que poidan, en función das necesidades detectadas e do seu proxecto educativo, acadar o éxito educativo a través da implementación de programas que promovan a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a inclusión, a redución das taxas de abandono escolar temperán, o desenvolvemento da competencia emocional e, en xeral, a mellora do clima escolar de toda a comunidade educativa.

En definitiva, o fin último é lograr unha educación de calidade para todo o alumnado, desenvolver o máximo posible as súas potencialidades e, xa que logo, contribuír á mellora da calidade do sistema educativo de Galicia. Esta iniciativa consta de 5 actuacións:

  1. QUÉDA-T.
  2. IGUÁLA-T.
  3. CONVIVE-T.
  4. INCLÚE-T.
  5. EMOCIÓNA- T

Unha das actividades desenvolvidas, dentro do Departamento de Xeografía e Historia son os xogos cooperativos e as cuñas motrices. Trátase de pequenos tempos de xogo e movemento (de entre 5 e 10 minutos) que se realizan durante as clases para promover a convivencia e a inclusión, fomentar a colaboración e o traballo en equipo e facililtar a concentración e un ambiente positivo.
Un exemplo é este xogo cooperativo, no que o alumnado circula pola aula e debe agruparse nun tempo limitado en grupos dun determinado número de participantes. Deben colaborar para acadar o obxectivo, xa que gaña ou perde todo o grupo - clase.
O vídeo no que se desplazan entre as mesas da clase, pertence ao primeiro trimestre, no que o grupo de 1º da ESO aínda se estaba iniciando e todavía non era pertinente mover as mesas, posto que o ruido podería alterar o traballo dos outros cursos. Actualmente xa son capaces de desplazar as mesas e as cadeiras de forma coordinada e en silencio en menos dun minuto. No segundo vídeo vemos como realizan un exercicio de mover o mobiliario da aula, deixando despexado o centro para a realización dos xogos, sen facer apenas ruido. O reto é facelo en menos dun minuto e sen que a alarma do "Bouncy balls" (ese "shhhh" da pantalla que se escoita de fondo), salte máis de tres veces. Despois de realizar o xogo que estea programado para ese día, volvemos facer o reto do "Bouncy balls" de novo en menos dun minuto. En total, toda a actividade: apartar o mobiliario, xogo e volver a colocar todo no seu lugar para a seguinte clase, leva menos de 10 minutos.
Lonxe de resultar unha perda de tempo, é unha pequena inversión con resultados sorprendentes, especialmente en grupos coma este, numerosos e movidos.

 

CONTACONTOS DE A APALPADORA

Polo Nadal contamos coa presenza de A Apalpadora no noso centro e nós na clase tamén fixemos unha debuxo que como vemos nós á Apalpadora. Ben bonito que nos quedou!!

 

Distribuir contenido