Club de Ciencia

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CREATIVA: "A ESCOLA EN TEMPOS DE PANDEMIA"

FOTO GAÑADORA: "Non toques, non mires, non xogues: Comunidades de Aprendizaxe"

Autora: Ceibe de 1º de ESO

En grande, na parte central, están as fotos clasificadas en segundo lugar ("Lavado de mans" de Uxía de 1º de ESO) e en terceiro lugar ("Saúdos na pandemia" de Claudia de 3º de ESO)

Os tres primairos clasificados no concurso levaron vales para gastar na libraría, por valor de 40, 20 e 10 euros.

ENCONTRO INTERXERACIONAL PARA FALAR DA HORTA

Encontro para falar das súas hotas, entre os residentes do centro de maiores de Castroverde e o alumnado de 1º de ESO. Os consellos dos maiores sempre son acertados!

TRABALLO NO HORTO ESCOLAR: PRIMEIRO DE ESO

O alumnado de 1º de ESO plantou un castiñeiro, fóra do horto, e está facendo sementeiros para logo transplantar. Dani trouxo o castiñeiro, Ceibe os amorodos e estase facendo na clase o cultivo das fabas para poñer despois no horto.

PRÁCTICA 1 DO CLUB DE CIENCIAS: POLICÍAS DE COTONETE

Nesta práctica, alumnado de 4º de ESO e de 4º de Primaria, buscan bacterias e outros microoorganismos na nosa contorna e no noso corpo. Aquí podes ver o guión da práctica.

 

Distribuir contenido