Club de Ciencia
COLLEITA DE VERÁN
En cada estacón o noso horto agasállanos con diferentes alimentos.
HORTO SOSTIBLE
Seguindo no proxecto de horto sostible, que comezamos xa o curso pasado, o alumnado de 2º ESO participou de forma activa durante este ano, sendo os encargados de levar todos os xoves os restos orgánicos do comedor ata o composteiro, e dado que temos asinado un cacho de horto donde hai plantas aromáticas e medicinais, buscaron o nome científico de cada unha delas, así mesmo empregando materiais e ferramentas de Tecnoloxía, sinalizaron todas estas plantas no horto.
22 DE MARZO DE 2023. DÍA MUNDIAL DA AUGA
Para conmemorar esta data, o alumnado de 2º ESO preparou uns murais diante da biblioteca coa idea de dar a coñecer ao resto do alumnado a crise mundial da auga e a problemática que teñen millóns de persoas ( sobre todo nenos/as ) que non teñen aceso ao suministro de auga potable.
O tema deste ano “Se el cambio”, para poñer de manifesto a necesidade urxente de acelerar o cambio para conseguir que a auga chegue a todos os puntos do planeta, incluídos aos máis pobres.