SEMANA DA PRENSA

Durante a Semana da Prensa (do 4 ao 8 de marzo), o alumnado da ESO dedicou varias sesións da materia de Lingua Castelá a ler o xornal e a realizar diversas actividades partindo de textos xornalísticos.

A IMPORTANCIA DA FÍSICA E AS MATEMÁTICAS NA CREACIÓN DE VÍDEO XOGOS

Videoconferencia sobre a importancia da física e matemáticas no deseño de videoxogos.

O CONCELLO TRÁENOS O PROGRESO POLO DÍA DA PRENSA

O Concello de Castroverde xunto con El Progreso reparten xornais de balde a todo o alumnado e profesorado do C.P.I de Castroverde para celebrar a semana da prensa na escola, unha maneira de recordar na aula a importancia do periodismo.

DÍA DA NENA NA CIENCIA

Día da nena na ciencia. Traballamos na aula de 4 anos, 12 mulleres galegas na ciencia. A actividade consistía en buscar a foto da muller que escollian, no libro: Galegas na ciencia e buscar o nome e apelidos e pegalo no seu mural. 

Foi unha actividade moi interesante e motivadora. 

Ademáis de facer un experimento con rotus, leite e algodón.

TERTULIA DIALÓXICA DO 8 DE MARZO

O día 8 de marzo conmemórase o Día Internacional das Mulleres, que foi adoptado pola Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas o 16 de decembro de 1977, co obxectivo de eliminar toda forma de discriminación cara as mulleres, promover o seu empoderamento e conseguir a súa plena participación na sociedade.

Ese día, ademais doutras actividades, o grupo de 4º da ESO, realizará unha tertulia dialóxica por videoconferencia cun grupo do CPI As Mirandas. Coma sempre a tertulia esta aberta á participación de toda a comunidade educativa. Nesta ocasión o texto sobre o que versará a tertulia é un capítulo do libro “O poder das palabras” da prestixiosa filósofa Simone Weil, concretamente o capítulo “Non empecemos outra vez a guerra de Troya”.
Achegamos aquí o PDF para preparala, e tamén recomendamos a quen teña oportunidade, escoitar a magnífica voz de Cecilia Bona no audiolibro de Spotify. Serían os 8 primeiros “capítulos” do audiolibro “Simone Weil, El poder de las palabras” que suman uns 25 minutos de duración.

 
 
 
Distribuir contenido