INTRODUCIÓN AO RUGBY

O 2 de marzo visitaron o noso centro as xogadoras do Muralla Rugby Club para achegar este deporte ao alumnado da ESO. A actividade tivo dúas partes:
- Unha primeira na que as xogadoras explicaron aos alumnos e alumnas as súas principais características tratando ademáis o tema da figura da muller no deporte, reflexionando sobre o seu papel e rompendo falsas crenzas xeradas na sociedade actual.
- E unha segunda parte práctica na que se procurou introducir ao alumnado neste deporte.
Foi unha xornada moi productiva e dende o centro queremos agradecer as xogadoras a súa visita!!


PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO: VIDA SAUDABLE

Dende o proxecto deportivo de centro queremos fomentar os hábitos de vida saudables e promocionar a práctica de actividade física fora do horario lectivo, de tal xeito que ésta sexa unha alternativa real de lecer dos nosos nenos e nenas. Así pois, este trimestre poñemos en marcha o noso carné saudable, onde o alumnado poderá acadar "puntos saudables" seguindo as instruccións que marca o noso saudómetro. Animamos tanto aos rapaces e rapazas coma as súas familias a apuntarse á vida saudable!!  



Distribuir contenido