Skip to Content

Proceso de Admisión curso 21-22

Ábrese o proceso de admisión de alumnado para o curso 21- 22.

A solicitude pódese descargar na seguinte ligazón ou tamén está dispoñible na aplicación admisionalumnado e pode presentarse en Sede Electrónica.

 Pódese presentar o formulario normalizado no centro educativo no seguinte horario:

  • De luns a venres: de 9:00h a 10.30h.

  • Os martes: de 16:00h a 18:00h.

 As datas máis destacadas do proceso de admisión son as seguintes:

  • Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo (prema nesta ligazón)
  • Presentación da solicitude de admisión do novo alumnado no centro: do 1 de marzo ao 22 de marzo.
  • Publicación da listaxe provisional de admitidos e non admitidos: antes do 25 de abril
  • Reclamación á listaxe provisional: 5 días hábiles a partir da publicación da listaxe provisional.
  • Publicación da listaxe definitiva de admitidos e non admitidos: antes do 15 de maio.

As datas para a formalización da matrícula son:

  • Educación Infantil e Educación Primaria: do 20 ao 30 de xuño
  • ESO: do 25 de xuño ao 10 de xullo
  • Prazo extraordinario para ESO: do 1 ao 10 de setembro.

 

ENTROIDARTE. (QUE ARTE TES!. CAPÍTULO IV)

Este ano celebramos o Entroido dun xeito diferente, xa que non podiamos facer o desfile tradicional de todos os anos. Aquí vos deixamos dous vídeos, un que amosa o resultado final do entroido e outro que amosa o proceso que levamos a cabo para celebrar esta festa.

 

Picando na foto de abaixo, podedes acceder á galería de fotos do entroido.

O alumnado de 6º de EP tivo que celebrar o entroido máis tarde. Aquí vos deixamos o vídeo do seu baile:

30 X. DÍA DA PAZ CINEARTE. (QUE ARTE TES!. CAPÍTULO II)

O 29 de xaneiro conmemoramos o día escolar da non violencia e a paz a través do cinema co ciclo: Cinearte.

 

MENÚ DE FEBREIRO

Achegamos o menú de febreiro.

Menú de febreiro

Menú sen glute

Menú sen lactosa

 

MENÚ DE XANEIRO

Achegamos os menús do comedor de xaneiro:

Menú de xaneiro

Menú sen glute

Menú sen glute e sen lactosa

Felices Festas!!!

Desde o CPI queremos desexarvos unhas felices festas, agardando que o vindeiro ano sexa mellor que este 2020 que deixamos atrás.

Desfrutade e descansade (é obrigatorio). 

Vémonos no 2021!

 

Festival de Inverno: Unha escola de artistas

 A partir de mañá día 22 de Decembro a partir das 10:00h estará dispoñible o festival de inverno deste ano.

Pinchade nas ligazóns de abaixo e desfrutade coas actuacións.

Image Map

VISITA A CASTROLANDÍN (4º EP)

O venres 27 de novembro o alumnado de 4º de Educación Primaria visitou Castrolandín, cunha visita guíada pol fundación Terra Termarun. Esto foi o que nos contaron:

"O venres 27 de novembro, os nenos e nenas de 4º de primaris fomos de visita a Castrolandín no noso concello de Cuntis.

Alí recibiunos unha historiadora e expliacounos datos moi interesantes sobre os castrexos que habitaron este outeiro no pasado, concretamente dende o século IV a.C. Ensinoiuos restos arqueolóxicos, contounos como se protexían, que comían, etc. Pero o que máis nos chamou a atención foi a lenda dos mouros.

O motivo da visita foi que estabamos a estudar a Prehistoria e a Idade Antiga. Pasámolo moi ben. Non volo perdades!"

Aquí vos deixamos unha pequena mostra da visita.

 

 

25N. A ESCULTURA. (QUE ARTE TES!!! CAPÍTULO I).

Todos os anos escollemos que centra as nosas actividades. Sempre pensado naquelas cousas que nos parecen importantes e que non se ven reflectidas nos currículos.

Este curso o tema escollido é: QUE ARTE TES! (a arte en todas as súas expresións).

Coincidindo co 25N traballamos a escultura. Aquí vos deixamos mostras da arte que temos:

 

 

 

 

Menú de decembro.

Achegamos os diferentes menús do comedor do mes dedecembro:

Menú de decembro

Menú sen glute

Menú sen glute e sen lactosa

Distribuir contido


by Dr. Radut