Skip to Content

25N. A NOSA VACINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, reflexionamos sobre cal é a solución para acabar con esta lacra.

Plasmamos as nosas reflexións no corredor principal do centro.

Aquí vos deixamos unha mostra do noso traballo.

 

Día Mundial da Diabetes

Conmemorando o Día Mundial da Diabetes visitou o centro Raquel Queizás para contar ao alumnado de 5º de Educación Infantil, o conto de "Nano e a diabetes".

Esta actuación foi posible grazas a colaboración de ANEDIA (Asociación Nenos e Nenas con Diabete en Galicia).

 

20N. Día Universal da Infancia.

Neste día unímonos a iniciativa da ASEAF (Asociación Estatal de Acollemento Familiar) que reivindica o dereito de todos os nenos e nenas a ter unha familia.

 

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE PRIMARIA E SECUNDARIA.

Estimadas familias,

Informámosvos que, con data 13 de novembro, foi publicada no DOG a "Orde que regula o acceso ás máscaras de protección que a Xunta pon a disposición do alumnado de Primaria, ESO e Bacharelato".

O alumnado que recibiu a principios de curso a axuda de material escolar da Xunta, recibirá as máscaras de xeito directo, polo que non terá que formalizar ningunha solicitude.

Tamén poderá beneficiarse do subministro de máscaras o alumnado que reúna algún dos seguintes requisitos:

- Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€.

- Estar matriculado en Educación especial.

- Estar suxeito a garda ou tutela da Xunta de Galicia.

- Ter unha discapacidade igual ou superior ao 65%.

Para estes casos, a familia do alumno/a debe tramitar a correspondente solicitude, presentando no centro os Anexos cubertos, en horario de 9:15h a 10:30h. O prazo de presentación de solicitudes permacerá aberto dende o 16 ata o 27 de novembro.

CELEBRAMOS O MAGOSTO E O SAMAÍN

O Venres 30 de outubro celebramos o Magosto e o Samaín.

Os rapaces e rapazas puderon vir decorados para a celebración.

Fixemos obradoiros de temática relacionado co Samaín, practicamos xogos tradicionais e mesmo tivemos cinema relacionado coa celebración destas datas.

Premede abaixo para ver as fotos.

MENÚ DE NOVEMBRO

Achegamos o menús do comedor do mes de novembro:

Menú de novembro

Menú sen glute

Menú sen glute e sen lactosa

ADÍASE A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 2020

Segundo a Resolución do 22 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, adíase a celebración das eleccións para a renovación dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no consello escolar dos centros sostidos con fondos públicos.

Podedes acceder a toda a información na seguinte ligazón: 

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/32201

RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR 2020

 

A Resolución do 30 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares, de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 8 de outubro de 2020).

Realizarase proximamente neste centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Centro.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e estará integrada por:

  • A Directora do Centro.

  • Un profesor/a.

  • Un pai ou nai ou titor/a legal.

  • Un alumno/a da ESO.

  • Un representante do persoal de administración e servizos.

Os catro últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo do Regulamento dos Centros Públicos Integrados. Dito sorteo será público e nel se designarán os membros titulares e suplentes.

 

O SORTEO PÚBLICO CELEBRARASE O XOVES DÍA 15 DE OUTUBRO ÁS 10:35 HORAS NA SECRETARÍA DO CENTRO.

 

MENÚ OUTUBRO

Achegamos o menú de comedor do mes de Outubro:

Menú de Outubro basal

Menú de Outubro sen glute

Menú de Outubro sen lactosa

COMEDOR ESCOLAR

QUENDAS DEFINITIVAS DO COMEDOR ESCOLAR

A continuación establécense as quendas do comedor escolar que estarán vixentes a partir do mércores 23 de setembro. 

 

1ª QUENDA

2ª QUENDA

 

Horario de xantar: A partir das 13:25h.

Alumnado de infantil, 1º, 2º, 3º, 4º e 5º B de EP

Horario de recollida: 14:30h.

 

 

Horario de xantar:  A partir das 14:25h.

Alumnado de 5º A de EP, 6º de EP, 1º, 2º, 3º e 4º da ESO

Horario de recollida: Entre as 15:15 e as 15:30h.

Parte do alumnado de 5º A de EP xantará na primeira quenda.

Distribuir contido


by Dr. Radut