Skip to Content

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE PRIMARIA E SECUNDARIA.

Estimadas familias,

Informámosvos que, con data 13 de novembro, foi publicada no DOG a "Orde que regula o acceso ás máscaras de protección que a Xunta pon a disposición do alumnado de Primaria, ESO e Bacharelato".

O alumnado que recibiu a principios de curso a axuda de material escolar da Xunta, recibirá as máscaras de xeito directo, polo que non terá que formalizar ningunha solicitude.

Tamén poderá beneficiarse do subministro de máscaras o alumnado que reúna algún dos seguintes requisitos:

- Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€.

- Estar matriculado en Educación especial.

- Estar suxeito a garda ou tutela da Xunta de Galicia.

- Ter unha discapacidade igual ou superior ao 65%.

Para estes casos, a familia do alumno/a debe tramitar a correspondente solicitude, presentando no centro os Anexos cubertos, en horario de 9:15h a 10:30h. O prazo de presentación de solicitudes permacerá aberto dende o 16 ata o 27 de novembro.

AdxuntoTamaño
anunciog0598-061120-0002_gl(2).pdf608.65 KB
Anexos.pdf359.45 KB


book | by Dr. Radut