Skip to Content

SOLICITUDE FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

A Consellería de Educación acaba de publicar o a  ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21

PRESENTAMOS A INFORMACIÓN MÁIS IMPORTANTE:

  • FONDO DE LIBROS: Destinado ao alumnado de 3º, 4º de Educación Primaria e  3º e 4º da ESO.
  • AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO: 1º e 2º de Educación Primaria e de Educación Especial.
  • AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL: Educación Primaria, Educación Secundaria e Educación Especial , é dicir, todo o alumnado do centro.

*O alumnado incluído no proxecto de educación dixital (E- Dixgal) no curso 20-21(5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO) está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar.

OS DOCUMENTOS QUE HAI QUE PRESENTAR SON OS SEGUINTES (segundo o caso particular de cada familia)

  • ANEXO I e II da mesma convocatoria (que podedes recoller no centro ou descargalo de edu.xunta.gal ou da Sede Electrónica da Xunta: modelo ED330B.)
  • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computable.
  • Certificado do grao de discapacidade, se fose o caso, do/a alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que no pertenza á Xunta de Galicia.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero, se fose o caso.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitado, se fose o caso.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou titor e titores carezan de DNI e NIE.

PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES:

  • Do 20 de maio ao 19 de xuño de 2020.

LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

  • Portal electrónico de Educación: edu.xunta.es/fondolibros
  • Sede Electrónica da Xunta
  • Centro educativo

PROCEDEMENTO:

  • Publicación de listas provisionais: 10 de xullo
  • Periodo de reclamacións: 13 - 14 xullo
  • Publicación de listas definitivas: 20 de xullo para E. Primaria e 14 de setembro para ESO.

 

RECOMENDACIÓNS DA BIBLIOTECA

Achegamos o"boletín confinado" da biblioteca onde se aportan recomendacións lectoras para este tempos de coronavirus.

 

 

ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS DA EDUCACIÓN SECUNDARIA (COVID 19)

Como consecuencia da crise sanitaria o equipo docente viuse na obriga de modificar as diferentes programacións didácticas seguindo as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación,Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

A continuación achegamos as adaptacións das programación da etapa de Educación Secundaria por cursos:

1º  da ESO 2º da ESO
   
3º da ESO 4º da ESO

Estas adaptacións están pendentes de aprobación por parte da Inspección Educativa.

APERTURA DE PRAZOS DO PERÍODO DE ADMISIÓN.

RESTABLÉCESE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

Prazo de presentación de solicitudes: do 11 ao 18 de maio, ambos inclusive.

A solicitude pódese presentar de xeito telemático a través da seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Se opta por presentar a solicitude de xeito presencial débese solicitar cita previa chamando ao número de teléfono do centro: 8861512 22 en horario de 8:45h e 13:45h.

É necesario garantir as esixencias sanitarias polo que se recomenda que unha soa persoa acuda ao centro a presentar a documentación debidamente cuberta e asinada. Para descargar a solicitude de admisión prema aquí.

Novos prazos do procedemento de admisión:

- Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

- Publicación da listaxe provisional do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

- Prazo de reclamacións contra a listaxe provisional: 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

- Publicación da listaxe definitiva do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

- Prazo de matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

- Prazo de matrícula ordinaria na ESO: do 1 ao 10 xullo de 2020.

- Prazo extraordinario de matrícula na ESO: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

Pódese consultar a información completa na seguinte ligazón: Resolución do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020

RECOMENDACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN. SAÍDA CON MENORES,

Achegamos recomendacións do departamento de Orientación respecto ás saídas con menores a partir do día 26 de abril.

Podedes consultar as recomendacións picando na ligazón:

Recomendacións das saídas con menores durante a corentena.

ACCESO ÁS ACTIVIDADES

Co fin de facilitar o acceso ás familias aos contidos que traballaremos neste período sen clases presenciais. Achegamos os enlaces ás diferentes canles elixidas polos diferentes docentes:

Educación Infantil: Blogue de educación infantil

1º Educación Primaria: Páxina web do centro

2º Educación Primaria: Bloque de 2º

3º Educación Primaria: 3ºA: Muro virtual 3ºA

                                   3ºB: Muro virtual 3ºB

4º Educación Primaria: 4ºA: Muro virtual 4ºA

                                   4ºB: Muro virtual 4ºB

5º Educación Primaria: Acceso a Edixgal

6º Educación Primaria: Blogue de 6º

 

ESO: Para o alumnado dos diferentes cursos da ESO, os contidos serán publicados na Aula Virtual.   Os cursos estarán abertos ao alumnado e familias, polo que non é preciso utilizar contrasinais. Os alumnos e alumnas de 1º de ESO que estaban a traballar na aula edixgal, seguirán traballando esas materias na aula edixgal e o resto na aula virtual.

 

Traballo complementario 1º EP. Período de clases non presenciais.

Propostas para a semana final

Tarefas propostas polas titoras

Tarefas da área de música

Educación Física: Despedida /Recomendacións para o verán

Tarefas de Relixión Católica

 

Propostas para o período do 8 de xuño ata o 12 de xuño.

Tarefas propostas polas titoras

Tarefas da área de música

Retos da área de Educación Física

Tarefas de Relixión Católica

 

Propostas para o período do 1 de xuño ata o 5 de xuño.

Tarefas propostas polas titoras

Tarefas da área de música

Retos da área de Educación Física

Tarefas de Relixión Católica

 

Propostas para o período do 25 de maio ata o 29 de maio.

Tarefas propostas polas titoras

Tarefas da área de música

Retos da área de Educación Física

Tarefas de Relixión Católica

 

Propostas para o período do 18 de maio ata o 22 de maio.

Tarefas propostas polas titoras

Tarefas da área de música:

Retos da área de Educación Física

Tarefas de Relixión Católica

Propostas para o período do 11 de maio ata o 15 de maio.

Tarefas propostas polas titoras

Tarefas da área de Música:

Tarefas da área de Relixión Católica

Retos da área de Educación Física

 

 

Propostas para o período do 5 de maio ata o 8 de maio.

Tarefas propostas polas titoras

Tarefas da área de Música:

Tarefas da área de Relixión Católica

Retos da área de Educación Física

 

Propostas para o período do 20 de abril ata o 2 de maio.

Tarefas propostas polas titoras

Área de música:

Área de Relixión Católica

Área de Educación Física

 

Propostas para a semana do 14 de abril ao 17 de abril

Tarefas propostas polas titoras.

Área de Música

Área de educación física na casa

CONCELLO DE CUNTIS. SERVIZO DE FOTOCOPIAS.

 
O CONCELLO DE CUNTIS PON EN MARCHA UN SERVIZO GRATUÍTO DE IMPRESIÓN E ENTREGA A DOMICILIO DE DEBERES, APUNTES E TRABALLOS ESCOLARES.
  • O Concello busca con este servizo que o confinamento afecte o menos posible á docencia nos fogares
  • As persoas que precisen facer uso do servizo deben enviar a documentación para imprimir ao correo. cultura@concellodecuntis.es ou Whatsapp, e indicar por whatsapp no número ‪687 49 75 91‬ o nome e  a dirección do alumno

 

TRABALLO COMPLEMENTARIO 1º EP (3ª SEMANA)

Achegamos a proposta de traballo complementario para 1º de EP.

Traballo complementario (3ª semana)

Distribuir contido


by Dr. Radut