Skip to Content

PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO. PROTOCOLO COVID-19

 Debido á situación sanitaria por causa da COVID-19, e seguindo o establecido polo Protocolo de adaptación ao contexto da covid 19as normas que aplicaremos durante a celebración das probas extraordinarias de Setembro son as que seguen:

  • O alumnado debe asistir ás probas con máscara. Lembrade que en caso de non traela non vos podemos deixar acceder ao recinto escolar.

  • O alumnado debe traer todo o material necesario para a proba, fóra papel (bolígrafo, lapis, goma ou o que precisades para Educación Plástica, por exemplo). Ese material non pode ser compartido con compañeirxs (nada de “quen me deixa un tipex?”).

  • O alumnado agardará fóra do recinto a ser chamado polo profesorado encargado da proba. Accederá en fileira mantendo a distancia de seguridade.

  • Na entrada do centro haberá instalada unha mesa-Covid con xel desinfectante que deberá ser utilizado antes de entrar.

  • Para circular polos corredores do centro debe ser utilizado sempre o lado dereito e seguir a sinalización marcada no chan.

  • Chegadxs á aula, cada alumnx ocupará un lugar, do que non poderá moverse até acabar a proba. Se usa panos desbotábeis, deberá depositalos na papeleira-COVID que haberá nas aulas.

  • Na aula só o profesorado pode subir e baixar persianas, abrir xanelas ou apagar/prender luces.

  • Unha vez acabada a proba cada alumnx abandonará o centro respectando as indicacións anteriores.

  • Ante calquera dúbida sobre como actuar, preguntade ao profesorado antes de facer.

Polo ben de toda a comunidade, e pensando nas persoas de risco que conviven connosco, pedímosvos que colaboredes e tomedes con seriedade estas indicacións.

 



book | by Dr. Radut