Ábrese o prazo de solicitudes de reserva de praza para o servizo do comedor escolar.
PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES: 22 de xuño ao 3 de xullo.
LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: Secretaría do centro.
DOCUMENTACIÓN QUE HAY QUE PRESENTAR:
ANEXO II: Modelo de autodeclaración e especificacións referido á renta do ano 2019.(preme aquí para descargalos)
Segundo o caso particular de cada familia deberán achegar, xunto coa anexo II, a seguinte documentación:
Certificado de servizos sociais de situación socioeconómica de exclusión social.
Certificado de discapacidade igual ou superior ao 33%.
Certificado ou carné de familia numerosa.
Xustificante de incompatibilidade dos horarios laboral e escolar (Horario de saída a mediodía): Informe de vida laboral, certificación da empresa...
PROCEDEMENTO:
Publicación da listaxe provisional: segunda semana de xullo.
Prazo de reclamacións da listaxe provisional: 5 días contados a partir do día da publicación.
Publicación da listaxe definitiva: terceira semana de xullo.
NORMATIVA e CRITERIOS USADOS PARA A BAREMACIÓN DAS SOLICITUDES(preme aquí para consultala)
IMPORTANTE: Debido á situación xeral producida coa pandemia do COVID-19, a instrución do comedor escolar para o curso 2020-21 pode resultar condicionada polas medidas de protección e seguridade impulsadas pola administración sanitaria que determinen a aprobación pola Consellería dun protocolo específico de protección e seguridade na apertura xeral dos centros de ensino e a incorporación ás actividades lectivas e complementarias dos escolares galegos para o curso 2020-21.