Skip to Content

Axudas para adquisición de libros de texto e material escolar 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Formación Profesional e Universidades vén de publicar a Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2024-2025.

Nos seguintes enlaces poden atopar información relacionada con esta convocatoria.

Orde do 7 de maio de 2024

Resumo do contido da Orde do 7 de maio de 2024

Anexo I (solicitude)

Anexo II

17M. II Serán das Letras

O 21 de Maio celebramos no centro o II Serán das Letras. A partir das 18:00 celebramos esta festa onde tocamos, bailamos, xogamos e papamos toda a comunidade educativa.

Agradecemos a desinteresada colaboración do:

  • Grupo Folclórico "Hai que Roelo" de Cuntis que amenizou a xornada coas súas pezas musicais
  • Cándido Mascato que cedeu un dos  seus packs de xogos tradicionais para que os/as pequenas/os e os non tan pequenos/as puideran desfrutar dun serán de xogos.
  • Ás familias que aportaron víveres e galdrumadas para fartar.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra da xornada en vídeo e en imaxes

Álbum: Curso 23-24 -> Serán das letras

Excursión a París (3º e 4º da ESO)

"Bonjours à tous!

A ville de l'amour foi, para o noso alumnado de francés de 3º e 4º de ESO, o escenario de percorridos e anédoctas inesquecibles.

A nosa viaxe comezou o luns 6 de maio pola tarde, cando puxemos rumbo cara a capital francesa con ganas de coñecer esta marabillosa cidade chea de historia e cultura ademais de, por suposto, practicar o idioma.

O martes 7 pola mañá o bo tempo acompañounos para subir ata o segundo andar da Torre Eiffel e recrearnos cunhas estupendas vistas da cidade. Despois paseamos ata o Trocadéro e o Champs de Mars. Pola tarde, camiñamos ata o Concello de París (Hôtel de ville), a catedral Notre Dame e o Quartier Latin. Vimos l'Université da Sorbonne, visitamos o Panthéon coa tumba de Napoléon e disfrutamos do sol no Jardin du Luxembourg.

O mércores 8 seguimos o noso itinerario por París e visitamos a primeira hora do día o museo do Louvre e as súas obras maestras. Ao saír puidemos contemplar a súa pirámide de cristal e l' Arc du Carroussel. A continuación, cruzamos o Jardin des Tuileries, a Place da Concorde onde está o Obelisco e fomos paseando ata les Champs Elysées para chegar ao Arc de Triomphe, un paseo de máis de 3,5 quilómetros de ensoño.

O xoves 9 fomos dirección Versailles onde visitamos o palacio e os seus inigualables xardíns, así como a aldea de Marie Antoinette. Pola noite dimos un paseo en Bateau- Mouche podendo disfrutar dunha panorámica de París cos seus monumentos máis emblemáticos e ver a Tour Eiffel iluminada, toda unha fermosura. Tamén houbo tempo para a festa coa Torre de testigo.


O venres 10 para rematar a nosa visita da cidade achegámonos ao barrio de Montmartre coa Basilique du Sacré Coeur.
Un barrio con aires bohemios que lle dan todo o seu encanto. Pola tarde, tras estes días de grandes paseos, descubrimentos e risas, dimos por finalizada a nosa viaxe cultural a París, pero con moitas ganas de volver, e as maletas e as nosas mentes cheas de "souvenirs".

À bientôt Paris!

Álbum: Curso 23-24 -> Excursión a París (Francés 3º e 4º ESO)

17M. Educación Infantil e Luisa Villalta

O alumnado de Educacion Infantil traballou a vida e obra da escritora Luísa Villalta, homenaxeada este ano nas Letras Galegas. Neste video podedes ver o que fixeron.

Encontro XOGADE de atletismo 5º de EP

O día 9 de Maio o alumnado de 5º de Educación Primaria participou nunha Xornada Deportiva arredor do deporte do atletismo. organizada pola Asociación de Deporte Escolar de A Estrada que tivo lugar nos Campo das Canteiras no concello de Cuntis. Esta xornada enmárcase dentro do programa XOGADE de deporte escolar. 

O alumnado participante practicou as modalidades de 50m, 4x50m, salto de altura, salto de lonxitude, lanzamento de peso e iniciación do lanzamento de xavelina. 

O alumnado do CPI participou nesta xornada con alumnado do CEIP Pérez Viondi, CEIP Figueroa, CEIP Villar Paramá, CEIP do Foxo, CEIPP de Oca e o Colexio de Lourdes.

 

Álbum: Curso 23-24 -> Encontro XOGADE Atletismo 5ºEP

Excursión aos museos científicos de A Coruña (EI e 1º ciclo de EP)

O martes 30 de abril, o alumnado de Infantil e 1º ciclo de Primaria visitou a cidade de A Coruña para disfrutar do Acuario, do Planetario e da Casa das ciencias. Aínda que chegaron moi cansadiños aprenderon moito e pasárono moi ben. Abaixo vos deixamos unhas imaxes da excursión.

Álbum: Curso 23-24 -> Saída Museos Científicos EI e 1º ciclo EP

Encontro XOGADE 2º ciclo EP

O día 25 de Abril o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria participou nunha Xornada Deportiva organizada pola Asociación de Deporte Escolar de A Estrada que tivo lugar nos pavillóns polideportivos do Coto de Ferreiro en A Estrada. Esta xornada enmárcase dentro do programa XOGADE de deporte escolar.

O alumnado de 3º de EP xogou ao brilé e o alumnado de 4º de EP ao badminton.

O alumnado do CPI participou nesta xornada con alumnado do CEIP Pérez Viondi, CEIP Figueroa, CEIP Villar Paramá, CEIP do Foxo, CEIP Cabada Vázquez, CEIPP de Oca, CPIP Santa Lucía de Moraña e o Colexio de Lourdes.

Álbum: Curso 23-24 -> Encontro XOGADE 2º Ciclo EP

23 ABRIL. Lecturas na Rúa

Outro ano máis, o 23 de abril, Día Internacional do Libro, fixemos por compartir lecturas co resto da escola e coa veciñanza que quixese escoitar.

Cada titoría escolleu os textos que quería ler, houbo quen remexeu na biblio á procura daquel conto que tanto lle gustara cando aínda era bebé, ensaiou para non trabar nas sílabas e veña!, de paseo pola Vila do Baño para lermos ao aire libre. O día solleiro axudou a que a actividade fose pracenteira, aínda que o nordés ás veces turraba para pasar páxina e acabarmos antes.

Repartímonos en grupos que mesturaban etapas (EI, EP, e ESO) e concentrámonos na Praza das Árbores, no palco da música, no paseo do río, no 3x3, no Convento… Compartimos adiviñas, dramatizacións de contos, poemas rimados, poemas cantados, e mesmo cocoricos e vacas victorias.

Porque non hai mellor libro que aquel que compartimos.

 

Álbum: Curso 23-24 -> Lecturas na Rúa

23 ABRIL. Libros Alterados (Queremos ser... artistas)

Para conmemorar o día do Libro desde cada aula ,este ano, fixemos unha intervención en libros procedentes da expurgación da Biblioteca para transformalos en obras artísticas.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do que fixeron os/as artistas do CPI.

Álbum: Curso 23-24 -> Libros alterados

Encontro de Badminton (programa XOGADE)

O día 23 de Abril, en xornada matinal, o alumnado de 3º e 4º da ESO participou nunha Xornada Deportiva de Badminton organizada pola Asociación de Deporte Escolar de A Estrada. Esta xornada enmárcase dentro do programa XOGADE de deporte escolar.

O alumnado do CPI participou nesta xornada con alumnado do IES García Barros, do IES nº 1, CPI Santa Lucía e do Colexio de Lourdes.

Álbum: Curso 23-24 -> Encontro Badminton ESO
Distribuir contido


by Dr. Radut