Skip to Content

Concurso de relatos curtos do Samaín.

Nestas imaxes podemos ver a entrega dos premios do III Concurso do Samaín organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

O alumnado premiado polos seus traballos foi: a clase de 4º de Educación Infantil; Paula Fraga Hervés e Xián Escobar Iglesias, de 4º e 6º de Educación Primaria respectivamente e Marcela Campos Rodríguez, de 2ºESO co relato titulado “Irmáns” que podemos clicando aquí.

Esta alumna foi, ademais, a gañadora galega do XXII Concurso de relato oral “Tíralle da lingua” (na categoría de 1o ciclo da ESO) organizado pola AS-PG no que participa o noso colexio dende hai uns anos, coa contada titulada “Aínda non me presentei. Eu son...” que podemos ver no  seguinte vídeo.

 

Álbum: Curso 23-24 -> Concurso Samaín

A caixa misteriosa

Hoxe ao chegar a clase atopamos unhas caixas misteriosas. Ao abrilas, descubrimos unha serie de obxectos estraños. Que serán?

Reflexionamos por grupos sobre "Que vemos", "Que pensamos", "Que nos preguntamos"...

Álbum: Curso 23-24 -> Comer e rañar I

FESTIVAL DE INVERNO 2023

Vense de celebrar o festival de inverno no CPI, que xirou, como todos os anos, en torno ao tema transversal do centro que este curso e : Que quero ser?ç

Aquí vos deixamos as actuacións do alumnado de Educación Infantil e Primaria:

4º de EI: El  latido de mi corazón 2º de EP: Quero ser... Galego/a 5º de EP: Quero ser... Chef (Ratatouille)
5º de EI: Un poco loco 3º de EP: Quero ser... Moitas Cousas 6ºA de EP: Quero ser.. Bailarín/a
6º de EI: El mundo es mi familia 4º de EP: Quero ser... Boa Persoa  6ºB de EP: Quero ser... unha Rock Star
1º de EP: Quero ser... O que queira ser    

Nadal cos nosos maiores (Centro de día actividade III)

O día 18 de decembro tivemos a visita de usuarios e usuarias do Centro de día de Cuntis. Viñeron celebrar o Nadal co alumnado de Educación Infantil cos que compartiron panxoliñas e algún que outro conto.

Álbum: Curso 23-24 -> Nadal cos nosos maiores (Centro de día III)

Recomendacións lectoras de Inverno

O equipo de biblioteca achega as recomendación lectoras para esta época invernal.

FESTIVAL DE INVERNO 2023

3D. Día Internacional das persoas con discapacidade

Os días 4 e 5 de decembro conmemorouse no centro o Día Internacional da Persoas con Discapacidade.

O alumnado do centro participou en diferentes obradoiros onde puideron vivenciar a realización de actividades cotiás nas condicións coas que se atopan, no día a día, persoas que pertencen a este tipo de colectivos.

Álbum: Curso 23-24 -> 3D. Día internacional das persoas con discapacidade

25N: Quero ser.../ Non quero ser...II

O venres 24 de novembro comenmoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Todo o centro saiu ata a praza do concello para manifestar o noso rexeitamento da violencia contra as mulleres.

O alumnado de 4º da ESO bailou unha canción de "As fillas de Cassandra" chamada Lisístrata e despois fixeron bailar a todas as persoas alí presentes.

 Aquí deixamos unha pequena mostra da conmemoración

Álbum: Curso 23-24 -> 25N

25N: Quero ser.../ Non quero ser...

No CPI Aurelio Marcelino Rey García cremos que as nenas e as mulleres son aínda as dianas de condutas que a sociedade recoñece como violentas e mesmo doutras que aínda están aceptadas como “normais”.

“Queremos ser” integrantes dun pobo que semente actitudes nas que non se pase nin unha actuación violenta da índole que sexa –verbal, física, psicolóxica... – contra nenas e mulleres.

“Queremos medrar e vivir” en vilas, establecementos públicos e privados, na natureza... sen temor a sermos importunadas, atacadas ou mesmo asasinadas.

“Queremos ser” exixentes coas Administracións responsables de proporcionar os recursos legais e económicos necesarios para que isto poida suceder.

“Queremos ser” capaces de convivir tranquilas e en paz desenvolvendo ao máximo as nosas potencialidades sen ningún tipo de limitación ou ameaza!

Non hai escusa! “Queremos ser NÓS!”

Para conmemorar o 25N este ano decidimos facer un vídeo no que expresamos o que queremos ser e o que non queremos ser en relación coa violencia de xénero.

O lema elixido está relacionado co tema transversal deste ano.

O vídeo foi editado por alumnado do Club Feminista do centro.

Escola de familias

O próximo luns 27 novembro ás 18:30 levarase a cabo unha sesión da Escola de Familias do CPI Aurelio Marcelino Rey García na sala de usos múltiples do Centro. Unha das preocupacións comúns, de toda a comunidade educativa é o benestar emocional das crianzas. Para favorecelo, dende o centro educativo promovemos a realización dun Obradoiro de Xestión emocional positiva dende a familia co que as familias poderedes adquirir ferramentas e coñecementos para mellorar a capacidade de regulación emocional dos vosos fillos e fillas, logrando así un mellor benestar físico e emocional. A sesión será impartida por Belén Montesa Lou e Juan Carlos Permuy psicólogos xerais sanitarios especializados na Prevención das condutas aditivas e en Terapia Familiar Sistémica. Esta sesión está organizada polo CPI Aurelio Marcelino Rey García en colaboración co Proxecto de Prevención das Condutas Aditivas no eido local do Concello de Cuntis.

Distribuir contido


by Dr. Radut