Actividade Fin de Curso do Club de Ciencia

O pasado venres 2 de xuño recibimos a visita no noso centro do Club de Ciencia do IES David Buján de Cambre, integrado por dous docentes, alumnado de 1° e 4° ESO e por varios exalumnos/as “mentores” que na ctualidade cursan a carreira de Bioloxía. Esta actividade de fin de curso para o alumnado do Club de Ciencia de 3º, 5º e 6º de primaria consistiu nunha chea de experimentos espectaculares onde aprenderon un montón e se divertiron facendo novas amizades.

Para ver todas as fotos desta actividade premede nalgunha das seguintes:

          

Xuntanza Dragal 2017

Onte, mércores 31 de maio, o alumnado da ESO puxo fin ao Proxecto Dragal da Secretaría Xeral de Política Lingüística cunha gran xuntanza, xunto con outros cinco centros educativos cos que levan traballando nas actividades e obradoiros desde principio de curso.

A través dun xogo de rol, mergulláronse polo Pico Sacro como mensaxeiros e mensaxeiras da Fraternidade de Dragal na procura das moedas e pezas para atopar o medallón segredo.

Tras superar varias probas de toponimia, retos de habilidade e dialéctica, e así demostrar que coa lectura tamén se pode xogar, o noso alumnado resultou campión do xogo e, polo tanto, foron coroados/as como cabaleiros e donas da Orde de Dragal. Ademais, Roi Fandiño de 1º ESO foi o vencedor do concurso da viñeta coa que se elaborou unha banda deseñada colectiva.

Un día moi emocionante e construtivo xa que a partir da lectura dun libro vivimos moitas aventuras na nosa lingua.

Premede na imaxe ou visitade a nosa galería de fotos e veredes algúns momentos da xornada.

                                                   

 https://www.edu.xunta.gal/portal/node/22255 

Xornada final do Plan Proxecta Salvavidas.

O martes 23 de maio tivemos a posibilidade de asitir á xornada final do Plan Proxecta Salvavidas, na que se pretendía sensibilizar a toda a comunidade educativa sobre a importancia da doazón de órganos e tecidos.

O alumnado de 1º e 3º da ESO e o de 5º de EP participaron activamente neste proxecto ao longo do curso e neste acto final tivemos una pequena mostra do seu traballo. Ademais tivemos a charla informativa de Marta Álvarez da Oficina de Coordinación de transplantes do SERGAS e Dolores Casais, que explicou como é a vida dunha persoa antes e despois dun transplante de fígado. Por último, a parte máis emocionante da actividade foi escoitar a experiencia do noso compañeiro Toño Casais, contando en primeira persoa como viviu a enfermidade da súa filla, o que fixo reflexionar ao público sobre a importancia da doazón de médula.

No seguinte video podedes ver o traballo do alumnado de 5ºB de EP na adaptación da obra de teatro de Pinocho para o traballo da doazón.

                    

CONTANDO A HISTORIA

Club de Lectura e Club da Ciencia visitan Santiago

O alumnado que participou activamente durante o curso nas actividades organizadas polo "Club de Ciencia" e polo "Club de Lectura" foi convidado a unha excursión a Santiago de Compostela que tivo lugar onte martes 30 de Maio. Pola mañá asistiron a tres visitas guiadas: á Biblioteca América da Biblioteca Xeral, á Biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia e ao Museo de Historia Natural; e pola tarde realizaron un xogo de recoñecemento e idenficación de árbores no Campus Sur Universitario.

Premede nas fotos para ver as imaxes de toda a xornada... 

                

FUTBOL FEMININO 2017

O pasado xoves, 25 de maio, as alumnas da ESO xogaron un partidos de fútbol contra as profesoras para despedir a súa adestradora Celina Valencia.

Celina, auxiliar de conversa de inglés en primaria, estivo a adestrar ás alumnas do centro no programa de recreos activos do proxecto deportivo de centro. Este proxecto tivo moito éxito entre as alumnas de secundaria e fixolles moita ilusión poder xogar contra a súa adestradora.

Aquí tendes o enlace ao video e fotos deste encontro.

       

                               FOTOS                                                                                    VÍDEOS

GRAZAS POR TODO CELINA

               

Os rapaces e rapazas de 6ºA elaboramos este maniquing challenge, inspirado nas diversas actividades que a nosa auxiliar de conversa, Celina, nos ensinou.

Este é o noso regalo de despedida para ela. QUERÉMOSTE MOITO CELINA!!! Bye Bye

Redactoras: Diana e Lucía 6ºA

Estadía en Hastings 2017. 3º ESO

Nove estudantes de 3º de ESO viaxaron á cidade inglesa de Hastings co profesor Manuel Rodís.  Alí fixeron un curso de inglés e aloxáronse en casas de familias coñecendo máis de cerca a forma de vivir do país.  Ás veces a experiencia foi dura para adaptarse aos costumes, á comida, ... pero tamén houbo tempo para pasalo ben.  Polas tardes tiveron actividades variadas e na fin de semana foron á cidade turística de Brighton e a Londres.

Premede nas imaxes para ver unhas fotos da experiencia vivida ou visitade a nosa galería de fotos.

          

Experimentos no laboratorio con 2º de Primaria

Os nenos e nenas de segundo de primaria fomos facer experimentos ao laboratorio sobre a masa, o volume, os estados da auga... todos moi interesantes!! Desta volta os/as nosos/as mestres foron os/as nosos/as compañeiros/as máis grandes da ESO que nos acercaron á ciencia dun xeito moi divertido.

Premede nestas imaxes e veredes canto nos ensinaron e canto aprendimos coa súa axuda.

                           

Inspeccion de primavera ESO. Proxecto Ríos 2017.

O pasado martes 23 de Maio achegámonos co alumnado de 4º ESO até o río Gallo ao seu paso pola vila de Cuntis para levar a cabo a inspección de primavera da man da asociación ecoloxista ADEGA. Este alumnado guiado polo coordinador do Proxecto Ríos, Paco Bañobre, e a profesora de Bioloxía do centro, levou a cabo unha serie de actividades como a recollida e posterior identificación de macroinvertebrados (que son bioindicadores da calidade da auga), e a medición de parámetros físico-quimicos: pH, osíxeno e nitratos, que en conxunto determinaron o moi bo estado de saúde no que se atopa o río.

Premede na imaxe para ver unha mostra do ben que o pasaron e o moito que traballaron…

         

Distribuir contido