Campo a través. Febreiro 2017.

Este domingo 12 de febreiro o alumnado clasificado para a fase provincial do Campo a Través do noso centro, viaxou ata Oia (Vigo) para participar nesta proba de atletismo enmarcada no programa XOGADE incluído no Proxecto Deportivo de Centro do Plan Proxecta.

O profesorado de Educación Física e algunhas familias acompañaron a un total de 19 alumnos/as de 3º de EP a 3º da ESO. A pesares da climatoloxía disfrutaron da competición e acadaron un 5º posto na categoría Benxamín Feminino. En breve publicaranse as clasificacións oficiais.

 

Premede nestas imaxes ou visitade a nosa galería de fotos para ver algúns dos momentos máis importantes da xornada.

             

Noraboa aos/as participantes.

CONTACONTOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMEIRO DE PRIMARIA

Este xoves 9 de febreiro o alumnado de Educación Infantil e do primeiro curso de Educación Primaria asistiron a unha sesión de contacontos moi entretida da man do mestre Iago López que visitou o noso centro grazas á colaboración da Editorial Xerais. Presentounos a historia dun cociñeiro moi especial chamado Martiño que axudado por un grupo de amigos/as e viciños/as consegue o traballo dos seus soños, converterse no "Cociñeiro Real".

Coma sempre, podedes botarlle un ollo ás fotos que sacamos desta actividade premendo nestas imaxes ou visitando a nosa galería.

    

PROGRAMA DE BOLSAS PARA ESTUDAR EN CANADÁ.

O alumno do noso centro ALEJANDRO DONO PÉREZ solicitou unha bolsa do Programa de Becas de la Fundación Amancio Ortega que despois dunha proba escrita, á que se presentaron máis de 5000 alumnos, e dunha oral, que consistía nunha videoconferencia en inglés, conseguiu que lla concederan para cursar 1º de Bacharelato en Canadá.

Todas as persoas que conformamos a Comunidade Educativa do CPI Aurelio Marcelino Rey García estamos moi orgullosos por ter formado parte da túa vida e poder axudarche a conseguir unha meta tan importante, que de seguro vai ser unha grande oportunidade para acadar moitas outras. Moitos parabéns, Álex!

                                                       

O sabor da aventura está no mar. Obradoiros Febreiro 2017

Este venres 3 de febreiro voltaron visitarnos os nosos amigos e amigas da Patrulla dos Arroases do Programa Aliméntate Ben, un dos Plans Proxecta nos que está a participar o alumnado e profesorado do noso colexio. Desta volta fixemos dous obradoiros para todas as aulas de Infantil e outros dous as aulas de segundo, terceiro e sexto de primaria.

Os/as máis pequerrechos/as vimos un vídeo promocional das novas aventuras dos nosos/as amigas/as Os Arroases, escoitamos un conto e fixemos unha "actividade de pesca simulada" para coñecer tanto os diferentes peixes que hai coma as súas propiedades e as distintas artes de pesca.

Os/as máis grandiños/as tamén vimos un vídeo, fixemos unha xincana aproveitando as personaxes e os "superpoderes" adquiridos por alimentárense de peixe e marisco e démoslle un repaso ás actividades pesqueiras e á importancia que ten coidar o noso mar e o medio ambiente en xeral.

Coma sempre as nosas mestras sacaron unhas fotos que podedes ver premendo nestas imaxes ou visitando a nosa galería dde fotos.

    

Cambio de roles

Esta semana, a alumna de 1º da ESO, Sara Sabir Moussaqhi estivo dando clase en 4º da ESO sobre a súa cultura de orixe, a árabe.

Na súa exposición, tratou varios aspectos como a comida, o alfabeto árabe, a vestimenta e a música. O alumnado, curioso polos costumes árabes, fixo moitas preguntas e ao final Sara organizou un pequeno concurso de preguntas sobre a súa intervención.

Como podedes ver, a adaptación de Sara é estupenda e é unha marabilla escoitala falar en galego.

Velaquí o vídeo da súa exposición e algunhas FOTOS desta clase tan diferente.

                                    

Teatro en Língua Inglesa en Pontevedra

Este venres 27 de xaneiro o alumnado de cuarto, quinto e sexto de primaria fixo unha saída a Pontevedra para participar dunha obra de teatro en língua inglesa titulada "Freaky"; ademáis tamén aproveitaron a viaxe para facer un percorrido guiado polas instalacións máis significativas do Museo de Pontevedra onde coñeceron polo miúdo moitos dos segredos e encantos que agocha este lugar.

Coma sempre podedes visitar a nosa galeria de imaxes ou premer nestas imaxes para ver algunha das fotografías que fixeron.

          

Día da Non Violencia e da Paz 2017

Un ano máis o alumnado de Educación Infantil e Primaria fixo un grande traballo para conmemorar o Día da Non Violencia e da Paz que se celebra todos os anos cada 30 de Xaneiro. Os alumnos e alumnas do segundo e terceiro ciclo de primaria compuxeron a palabra PAZ nun grande mural de pombiñas que aprenderon a facer co origami e os/as de primeiro ciclo de primaria e Educación Infantil decoraron un símbolo da Paz con diferentes técnicas plásticas. Ademáis destas e outras moitas actividades que se fixeron en cada aula tamén desfrutaron do visionado da película "Del revés" que lles serviu para seguir traballando en cada grupo-clase.

Velaquí podedes ver algunhas fotos do traballo elaborao nestes días en torno á temática da Paz e da Non Violencia.

    

Un partido polo planeta. O Xogo xigante de Sogama.

Dende o 19 de xaneiro até o 1 de febreiro o alumnado de educación primaria poderá desfrutar do Xogo Xigante de Sogama "Un partido polo planeta" que nos cederon ao centro pola participación no Programa Recíclate con Sogama pertencente aos Plans Proxecta nos que está a traballar unha grande parte do profesorado. 

Velaquí unhas fotos do traballo dos/as rapaces e rapazas de primaria.

         

Axuda aos/ás refuxiados/as. Recollida de roupa e alimentos

Despois da charla da semana pasada sobre a situación dos refuxiados, o alumnado e o profesorado do centro quedou moi sensibilizado co tema, por iso propuxeron colocar un posto de recollida de roupa e comida para enviarllela a través da ONG families4Peace e a Fundación Seur que traballan con eles.
A recollida de roupa e comida farase dende este martes 24 de xaneiro até o martes 7 de febreiro no posto que está na entrada do centro.

                                        

  Animádevos e colaborade. Grazas.

Pintores famosos en Língua Inglesa

Os alumnos/as de 3º da ESO traballaron coas pinturas máis famosas da historia en Inglés e fixeron un cartel coa biografía dos seus autores. Bo traballo!

  

Distribuir contido